O Documental 100% CEF en Berlin

Apr 30, 2013 editor de CEF novas

30-04-2013

DO 6 ao 20 DE MAIO , Semanas de Cultura Galega en Berlín 2013  co gallo do ‘DÍA DÁS LETRAS GALEGAS’.

O Lectorado de Galego da Universidade Libre de Berlín e o Instituto Cervantes, invitan a participar nunha serie de eventos en torno á poesía, a música e o cine de autores galegos, con motivo do 175º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a gran figura do ‘Rexurdimento’ da literatura galega. Fai exactamente 150 anos publicábase tamén ‘Cantares Galegos’, o seu primeiro libro escrito enteramente en galego. Tomando a data da publicación como referencia, cada 17 de maio celébrase, desde 1963, o ‘Día dás Letra Galegas’ en Galicia e na maioría das comunidades de galegos do mundo. Nese marco, presentarán ao público berlinés, entre o 6 e o 20 de maio, unha serie de actividades que darán comezo o vindeiro luns, 6 de maio, ás 21.00 h., coa actuación do gaiteiro, Carlos Núñez, en ‘Babylon Mitte’, un coñecido cine situado no centro de Berlín, que, ademais, ofrece espazo para concertos e outros eventos culturais.

Finalizan as actividades en torno ao ‘Día dás Letra Galegas’ co documental 100% CEF, filme sobre o poeta galego Celso Emilio Ferreiro, con Luís Tosar no rol do autor de Celanova falecido en Vigo en 1979. Na realización deste documental interviñeron unhas cen persoas, entre elas moitos dos familiares do poeta, artistas, músicos e intelectuais contemporáneos. A cinta, que foi premiada en Galicia co Premio Mestre Mateo 2013 á mellor documental e tamén co premio Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense, ofrece así unha ampla visión da personalidade e obra do escritor e político galego.

O seu director, Aser Álvarez, asistirá  á presentación do filme en Berlín.

                    Lunes 20 Mayo, 20 de 2013j                              100% Celso Emilio Ferreiro
Documental 2012, 60 min, Director: Aser Álvarez,
subtítulos en inglés.                                         

La documentación testifica  la importancia del poeta gallego
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979).
Declaraciones y entrevistas con casi un centenar
de personas, entre familiares, amigos, profesionales,
artistas, músicos, así como rostros conocidos y desconocidos,
recitar, leer poesía o el rap, crea un retrato extraordinariamente
polifacético. 
El papel del poeta lo interpreta el actor Luis Tosar.
El trabajo de la película fue galardonada con el premio gallego
Mestre Mateo 2013 al mejor documental. 

Babylon
Rosa-Luxemburg-Str. 30
10178 Berlin
Tel.: 030 2425696
Entrada: 7 € / para alumnos do Instituto Cervantes 4 €

Artigos relacionados


Celso Emilio noTeatro Liceo de Salamanca
Inverno, Celso Emilio Ferreiro e Luis Emilio Batallán
17 de maio. Letras galegas en Madrid