Ramón Nicolás gana o premio da AELG polo libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”

05-04-2013

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou onte no centro Ágora da Coruña a súa Gala das Letras, na que entregou os premios anuais ás mellores obras literarias publicadas durante os últimos doce meses. Os títulos gañadores foron elixidos polos 425 socios da entidade.
Foi elixido na categoría de ensaio  “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” biografía escrita polo profesor Ramón Nicolás, asimesmo Ramón Nicolás foi premiado tamén polo mellor blog literario,  Caderno da crítica.
Beizóns a Moncho Nicolás.