18-08-2013

O grupo 2nafronteira ven de sacar o seu disco ALMA coa voz de  Carmen Penim e música de Maurizio Polsinell, que contén entre outros temas,  unha versión do poema “María Soliña“, de Celso Emilio “. O disco mostra os últimos traballos do dúo e tamén un tema propio “Nana do Couto Mixto”.

[button href=”http://www.youtube.com/watch?v=3Rt3fJt9Tek” color=”red” size=”xlarge” icon=”star” ]PREMAR/PULSAR[/button]

Polos camiños de Cangas          Por los caminos de Cangas
A voz do vento xemía:              la voz del viento gemía:
Ai, que soliña quedaches,         ay, qué sola te quedaste,
María Soliña.                            María Soliña.

Nos areales de Cangas,            En los arenales de Cangas,
Muros de noite se erguían:        muros de noche se erguían:
Ai, que soliña quedaches,         ay, qué sola te quedaste,
María Soliña.                            María Soliña.

As ondas do mar de Cangas      Las olas del mar de Cangas
Acedos ecos traguían:               ácidos ecos traían:
Ai, que soliña quedaches,          ay, qué sola te quedaste,
María Soliña.                             María Soliña.

As gaivotas sobre Cangas         Las gaviotas sobre Cangas
Soños de medo tecían:             sueños de miedo tejían
Ai, que soliña quedaches,         ay, qué sola te quedaste,
María Soliña.                            María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas     Bajo los tejados de Cangas
Anda un terror de auga fría:     anda un terror de agua fría:
Ai, que soliña quedaches,        ay, qué sola te quedaste,
María Soliña.                           María Soliña.

13-08-2013

A rúa Celso Emilio Ferreiro de Celanova ,ultima os preparativos para a quinta edición da ‘Noite do poeta‘, unha celebración lúdico-gastronómica coa cal veciños e comerciantes desta céntrica rúa despiden as festas de verán cunha homenaxe ao escritor no 34 aniversario do seu pasamento.
Os actos comezarán ás 20,30 horas coa proxección do documental biográfico ‘100% CEF‘ do director celanovés Aser Álvarez, e gañador do premio ‘Mestre Mateo 2013′. Seguiralle un recitado de poemas e, a partir das 21.30 horas, inicio da cea popular.
A partir das 22.45 horas comezarán os actos máis lúdicos coa verbena, sorteos de carros e a verbena cun trío musical.

La calle Celso Emilio Ferreiro de Celanova ultima los preparativos para la quinta edición de la ‘Noite do poeta’, una celebración lúdico-gastronómica con la cual vecinos y comerciantes de esta céntrica calle despiden las fiestas de verano con un homenaje al escritor en el 34 aniversario de su fallecimiento.
Los actos comenzarán a las 20,30 horas con la proyección del documental biográfico ‘100% CEF‘ del director celanovés Aser Álvarez y ganador del premio “Mestre Mateo 2013“. Le seguirá un recitado de poemas y, a partir de las 21.30 horas, inicio de la cena popular.
A partir de las 22.45 horas comenzarán los actos más lúdicos con la verbena, sorteos de carros y la verbena con un trío musical.

 

 

06-08-2013

O documental 100% CEF, filme sobre o poeta galego Celso Emilio Ferreiro, con Luís Tosar no rol do autor de Celanova , foi seleccionado polo IFFEST Documental.ART de Bucharest. Na realización deste documental interviñeron unhas cen persoas, entre elas moitos dos familiares do poeta, artistas, músicos e intelectuais contemporáneos. A cinta, que foi premiada en Galicia co Premio Mestre Mateo 2013 á mellor documental e tamén co premio Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense, ofrece así unha ampla visión da personalidade e obra do escritor e político galego.
O Festival terá lugar os días 26,27 e 28 de Setembro en Bucarest.

  

 

 

 

 

 

O

 

 

06-08-2013

 Maus misteriosas que poderían ser dos “Ananos”, colocaron unha señal de tráfico no lugar onde está a Placa que lembra a Celso Emilio na súa casa natal de Celanova,
que foi inagurada o 9 de Xuño do 2012 polo Presidente da Xunta nun acto do
Ano Celso Emilio.
Descoñocemos as intencions dos autores de tal falcatruada. Non sabemos si queren ofender a Celso Emilio ou ao Presidente da Xunta.

 

Placa orixinal inagurada o 9 de Xuño do 2012


O Presidente da Xunta inagura a placa o 9 de Xuño do 2012

 

Situación actual o 6 de Agosto do 2013

04-08-2013

O derradeiro Venres , día 2 de Agosto, tivo lugar na Feira da Coruña a presentación da Biografía de Celso Emilio, editada por Xerais, da cal é autor o profesor Ramón Nicolás. Interviron no Acto Manuel Bragado (Director de Edicions Xerais), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Mercedes Queixas (Secretaria da Asociación de Escritores/as de Galicia) e Ramón Nicolás.

Todos os intervintes salientaron a importancia da obra para, por un lado, ter un libro de referencia sobre o poeta de Celanova, e por outro  por sere  «unha obra de gran envergadura e grande intensidade que amplifica a figura humana, literaria e política de Celso Emilio.».
«Esta é a crónica dunha vitoria gañada aos silencios que de maneira intermitente semella ter acompañado a CEF. Un mundo de sombras onde se ten iluminado e onde se lle ten colocado no seu xusto lugar.»