Maria Soliña en versión do dúo 2nafronteira
18-08-2013
O grupo 2nafronteira ven de sacar o seu disco ALMA coa voz de Carmen Penim e música de Maurizio Polsinell, que contén entre outros temas, unha versión do poema “María Soliña“, de Celso Emilio “. O disco mostra os últimos traballos do dúo e tamén un tema propio “Nana do Couto Mixto”.
[button href=”http://www.youtube.com/watch?v=3Rt3fJt9Tek” color=”red” size=”xlarge” icon=”star” ]PREMAR/PULSAR[/button]
Polos camiños de Cangas Por los caminos de Cangas
A voz do vento xemía: la voz del viento gemía:
Ai, que soliña quedaches, ay, qué sola te quedaste,
María Soliña. María Soliña.
Nos areales de Cangas, En los arenales de Cangas,
Muros de noite se erguían: muros de noche se erguían:
Ai, que soliña quedaches, ay, qué sola te quedaste,
María Soliña. María Soliña.
As ondas do mar de Cangas Las olas del mar de Cangas
Acedos ecos traguían: ácidos ecos traían:
Ai, que soliña quedaches, ay, qué sola te quedaste,
María Soliña. María Soliña.
As gaivotas sobre Cangas Las gaviotas sobre Cangas
Soños de medo tecían: sueños de miedo tejían
Ai, que soliña quedaches, ay, qué sola te quedaste,
María Soliña. María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas Bajo los tejados de Cangas
Anda un terror de auga fría: anda un terror de agua fría:
Ai, que soliña quedaches, ay, qué sola te quedaste,
María Soliña. María Soliña.