12-11-2013

O Grupo  Labregos do tempo dos sputniks ven de musicar o poema LIBREMENTE publicado en “LONGA NOITE DE PEDRA”. Os compoñentes do Grupo, O LeoA Lydia e O García fan unha nova versión musicada diste poema en homenaxe a Celso Emilio.

El Grupo Labregos do tempo dos sputniks acaba de musicar el poema LIBREMENTE publicado en “LONGA NOITE DE PEDRA”. Los componentes del Grupo, O LeoA Lydia e O García hacen una nueva versión musicada de este poema en homenaje a Celso Emilio.

[button href=”http://vimeo.com/79042725″ color=”red” size=”xlarge” icon=”star” ]PREMAR/PULSAR[/button]

LIBREMENTE                                           LIBREMENTE

Nós queríamos libremente                     Nosotros queriamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente     comer el pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,    morderlo, masticarlo, digerirlo sin miedo
libremente falando, cantando nas orelas libremente hablando, cantando en las orillas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.    de los ríos que caminan hacia el mar libre.
Libremente, libremente,                       Libremente, libremente,
nós queríamos somente                        Nosotros queriamos solamente
ser libremente homes, ser estrelas,        ser libremente hombres, ser estrellas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo ser chispas de la gran hoguera del mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,             ser hormigas, pájaros, gatitos,
nesta arca de Noé na que bogamos.       en este arca de Noé en la que bogamos,
Nós queríamos libremente surrir,           Nosotros queriamos libremente sonreir,
falarlle a Dios no vento que pasa           hablarle a Dios en el viento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosques- -en el largo viento de llanuras y bosques-
sin temor, sin negruras, sin cadeas,       sin temor, sin negruras, sin cadenas,
sin pecado, libremente, libremente,       sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.   como el aire del amanecer y de las espumas,
Coma o vento.                                     Como el viento,
Mais iste noso amor difícil rompeuse      Pero este dificil amor se quebró
-vidro de soño fráxil-                          -vidrio de sueño frágil-
nun rochedo de berros                         en un roquedo de gritos.
e agora non somos máis que sombras.           y ahora no somos más que sombras.

12-11-2013

Asociación ARRAIANOS

PRESENTACIÓN DA HOMENAXE A “CELSO EMILIO FERREIRO” DE BALDOMERO MOREIRAS EN CELANOVA
 

Este sábado, 16 de novembro, ás 12 horas, convidámosvos á presentación da “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, de Baldomero Moreiras,  na Casa dos Poetas de Celanova.
Esta curtametraxe está baseada na obra homónima do artista celanovés Baldomero Moreiras, una peza creada especialmente para o documental “100%CEF”, una biografía de Celso Emilio Ferreiro , que para a semana se vai poder ver no OUFF, os días 18, 19 e 20 ás 17.30 no Auditorio de Ourense. 
A “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro” tamén vai formar parte dun doble DVD que imos editar en Xaneiro con motivo do 102 aniversario do poeta de Celanova, con abondoso material inédito, extras, un making of de Plácido Romero e o propio documental que foi gañador do Mestre Mateo ao Mellor Documental, do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo e do Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Documetal de Bucarest IFFEST.
Ao remate da presentación desta curtametraxe de 7 minutos, na que van participar Mani Moretón, Baldomero Moreiras e Natalia Figueiras, tamén poderemos ver una serie de fotografías de Xulio Outomuro feitas arredor da instalación desta obra na Illa de San Simón.

Agardamos poder contar coa vosa presenza e agradecemos a divulgación deste evento.