Reivindicando a Celso Emilio
30-11-2013
PREMIO XOÁN MANUEL PINTOS
O Premio Xoán Manuel Pintos que convocan o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua vén recoñecer a traxectoria de KALANDRAKA a prol do idioma e de distinguir a campaña ‘Gústame o galego’, impulsada dende a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL).
O director da editorial, Xosé Ballesteros, reivindicou con versos de Celso Emilio Ferreiro a importancia do galego como vehículo de expresión en todos os niveis.”
“Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros…”
[Fragmento de Deitado fronte ao mar…:
“Celso Emilio Ferreiro, escolma poética”, ilustrado por Baldo Ramos (Faktoría K)]