Homenaxe a Celso Emilio na Casa dos Poetas de Celanova (II)

Nov 12, 2013 editor de CEF novas

12-11-2013

Asociación ARRAIANOS

PRESENTACIÓN DA HOMENAXE A “CELSO EMILIO FERREIRO” DE BALDOMERO MOREIRAS EN CELANOVA

Este sábado, 16 de novembro, ás 12 horas, convidámosvos á presentación da “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, de Baldomero Moreiras,  na Casa dos Poetas de Celanova.
Esta curtametraxe está baseada na obra homónima do artista celanovés Baldomero Moreiras, una peza creada especialmente para o documental “100%CEF”, una biografía de Celso Emilio Ferreiro , que para a semana se vai poder ver no OUFF, os días 18, 19 e 20 ás 17.30 no Auditorio de Ourense. 
A “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro” tamén vai formar parte dun doble DVD que imos editar en Xaneiro con motivo do 102 aniversario do poeta de Celanova, con abondoso material inédito, extras, un making of de Plácido Romero e o propio documental que foi gañador do Mestre Mateo ao Mellor Documental, do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo e do Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine Documetal de Bucarest IFFEST.
Ao remate da presentación desta curtametraxe de 7 minutos, na que van participar Mani Moretón, Baldomero Moreiras e Natalia Figueiras, tamén poderemos ver una serie de fotografías de Xulio Outomuro feitas arredor da instalación desta obra na Illa de San Simón.

Agardamos poder contar coa vosa presenza e agradecemos a divulgación deste evento.

Artigos relacionados


Trinta mestres asisten en Noia a un curso formativo sobre Celso Emilio Ferreiro
Longa Noite de Pedra, poema interpretado polo grupo Tarxa
Celso Emilio, “Derradeira vontade de Fuco Buxán”, cantado por Suso Vaamonde