“Agardarei” interpretado polo grupo REINCIDENTES

Dec 13, 2013 editor de CEF novas

13-12-2013

Poema do Libro Viaxe ao país dos Ananos, Interpretado polo grupo de Rock “REINCIDENTES” no Festival Castelo  Rock en Muros (A Coruña).

Agardarei, Celso Emilio Ferreiro

Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teños lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que día…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Artigos relacionados


Sabedoría, rigor e amenidade: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás. Crítica de Vicente Araguas
“O dedo na chaga”, poema de Celso Emilio cantado por Xulio Formoso
Longa noite de pedra en bilíngue. Galego-Castelán