02-12-2013
UNHA MEMORIA DO MOVIMENTO POPULAR DA CANCIÓN GALEGA (1973-1978)
Disco-libro editado pola Editorial Galaxia e PAI Edicións S.L., e da autoría de Antón Seoane, que recolle dezoito cancións cantadas entre 1973 e 1978 por dous dos grupos mais senlleiros da Canción Galega daqueles anos.
…”A medio camiño entre a ditadura e a democracia cabalgaron os anos intermedios da música en Galicia, aqueles que case ficaron como follas en branco, como fóra de temporada, a xeito da tan manida verba outlet. Un lapso de tempo no que, non obstante, tamén había vida, e que vai dende o final de Voces Ceibes, entendido como colectivo definido, xa ben andados os anos 70, ata a creación de Milladoiro, e dicir, o período primavera 1973 outono de 1978.” (“Introdución ao Disco-Libro”)
O disco recolle poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Quintas Canella, Antón Seoane, Bibiano Morón, Xoán Manuel Casado, Álvaro Cunqueiro e a canción popular “O sancristán de Coímbra“
Poemas de Celso Emilio:
-Espranza
-Neno orfo con cabalos o fondo
-Inverno
-Limiar
-Soldado
Trailer do documental De Voces Ceibes a Milladoiro
PREMER/PULSAR