O día 24 de Decembro, faleceu en Vigo, Luis Ferreiro Loredo (1945-2025), Director da FUNCEF, e fundador en 1984, da organización cultural con outros padróns da vida política e cultural galega. Vello loitador que deixa despoois de si mesmo, unha vida de loita política e sindical e no eido cultural, moi vencellado a memoria do seu pai, Celso Emilio Ferreiro, e a Galicia, sempre mantendo o compromiso coa Fundación CEF, a que ligou vida e sentido. Compartiu o desterro do poeta de Celanova en Venezuela, traballou, casou, e de volta a España, reside en Madrid, onde desenvolve vida familiar, profesional e militancia política. Termina por instalarse en  Vigo coa súa familia, onde residía facía tempo.

A Fundación CEF, débelle todo a Luis. Foi unha especie de filla benquerida e acariñada, da que estaba moi orgulloso de sempre. Traballou por ela ata o final das suas forzas, que foron moitas. Non houberamos chegada ata eiquí se ti non houberas ido diante, capitán noso. Que a terra descanse lixeiramente sobre ti. Ata sempre.

 

Foto: Galiciaé Diario Galego (AFP)