Falecemento de Luis Gonçales Blasco
A Fundación Celso Emilio Ferreiro está de luto pola morte do seu Padrón Luis Gonçales Blasco, Foz, para os amigos.
Dende eiquí, mandámoslle a Carmen, a súa viuva e fillos, nosas condolencias polo gran loitador que se marchou. Hasta sempre.
Para Foz
Ven axiña i acala o mouro pranto
do meu pobo. ¿Por qué demoras tanto
o teu cantar de abrente
i a luz das túas bandeiras?
Escoita á miña xente.
Polas escuras veiras
dos bosques anda a morte, i alá enfrente
ergue a súa espada a noite sin remedio.
Os tendeiros do tedio
varados nas lembranzas
comercian coas arelas.
Devólvelle as estrelas
a iste pobo que morre de esperanza.
Celso Emilio Ferreiro
Viaxe ao pais dos Ananos
Fotografía: Nós Diario


