Homenaxe de Arraianos a Celso Emilio Ferreiro en Santiago

Jan 24, 2012 editor de CEF novas

A celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro, cadrando co primeiro centenario do nacemento do poeta celanovés, segue facéndose notar dentro e fóra da súa vila natal. Deste xeito,  a Asociación cultural Arraianos organiza,  o vindeiro xoves 26, ás 20,00 horas, na Libraría Couceiro, un novo acto poético-musical co gallo da presentación do monográfico arredor da súa figura en Santiago de Compostela. A publicación recolle varias obras inéditas do poeta, así como textos literarios, entrevistas, ensaios, gravados e mais varios temas musicados.

Artigos relacionados


Celso Emilio, María Soliña, Coro Universitario Galego de Barcelona, Libro-Disco PORGALEUZCA
Poesía y periodismo fueron de la mano en Celanova
Celso Emilio, O poema ROMANCE INCOMPLETO posto en pedra na Parroquia de Gargamala