Presentación do libro coa correspondencia de Neira Vilas con Celso Emilio e Valentín Paz-Andrade
Vigo, 29 de Maio do 2012
No Museo do Mar de Vigo foi presentado o Libro, “Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro”.
O libro editado polo Centro Ramón Piñeiro na súa colección “Cadernos de Ramón Piñeiro”, contén a correspondencia mantida polo escritor Xosé Neira Vilas e os homenaxeados este ano, Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro.
O acto de presentación estivo presidido polo Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o responsable da edición do libro, Xosé Neira Vilas; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz Andrade; Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio; e Marta Lucio, directora do Museo do Mar. O Conselleiro destacou que con ista edición,a Consellería quere conmemorar doblemente as Letras Galegas, adicadas a Paz-Andrade, e o Ano Celso Emilio Ferreiro, no Centenario de seu nacemento.