Recital poético en Celanova adicado a Celso Emilio

Jul 13, 2012 editor de CEF novas

No Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, terá lugar o luns 16/7/2012 a partires das 20.00 horas, un recital poético-musical adicado a Celso Emilio Ferreiro. Con esta actividade pechase o ciclo Galicia Clasiccs, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O recital, que leva por título Onde o mundo se chama Celanova,de Curros a Celso Emilio, foi ideado con motivo da conmemoración do Centenario de Celso Emilio Ferreiro e contará coa participación da Compañía Lírica Ofelia Nieto e do Grupo Internacional Cítola,que serán os  encargados de interpretar as dúas obras compostas a partires dos poemas de Celso Emilio, ‘Moraima’ e ‘Longa noite de pedra’.

Artigos relacionados


MORAIMA, canto de amor, poema de Celso Emilio adicado a súa muller, cantado por María do Ceo
María Soliña, Coro Ávalon e o Ensamble de Música Celta de Buenos Aires
“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto