O documental 100 % CEF opta aos premios Mestre Mateo
12-01-2013,La voz de Galicia
Producido por Arraianos, foi incluído na lista da Academia Galega do Audiovisual .
A Academia Galega do Audiovisual publicou a lista de candidaturas aceptadas para os premios Mestre Mateo 2013 na que o documental 100 % CEF, producido por Arraianos sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro, figura entre os mellores documentales do ano. Aparece nas categorías de mellor guión, dirección de fotografía, montaxe, música orixinal e mellor produción. O guión é de Aser Álvarez, así como a dirección. Alfonso Cortizo encargouse da dirección de fotografía. Este documental fíxose aproveitando que 2012 foi o ano dedicado a lembrar a Celso Emilio Ferreiro con numerosas actividades culturais, entre elas, a gravación do citado traballo que agora opta a estes premios da Academia Galega do Audiovisual.