Homenaxe a Celso Emilio no CPI A Picota (Mazaricos)

17-05-2013

O CPI A Picota de Mazaricos foi o lugar onde se desenvolveu unha xornada cultural e festiva en honra de Celso Emilio Ferreiro.
Alumnado e profesorado depositaron o mellor que puideron ofrecer nesta xornada como se espellou na paixón coa que os primeiros recitaron poemas, escenificaron outros e musicaron composicións de Celso Emilio.
Luís Ferreiro desvelou claves da vida cotiá co seu pai e García Mc interpretou clásicos como «Deitado fronte ao mar» ou «Son un pasmón», con esa forza e sentimento que sempre o caracterizaron. Ramón Nicolás espricou as claves da súa biografía “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”.
Unha aula do centro conta, desde hoxe, co nome de Celso Emilio Ferreiro. O eixo dos actos ademais da poesía a da música foron os versos de Celso “mais o lume que alampea, xamais o verédes morto”.
Ao remate dos actos os alumnos agasallaron a Fundación Celso Emilio Ferreiro cun dibuxo de Celso Emilio feito por eles mesmos.