O Grupo de Teatro Chévere estrea a obra “Viaxe ao país dos ananos”
26-03-2014
Praza Púbrica 24-03-2014
Chévere prepara un “espectáculo contra Galicia”, un país de ananos “no que o goberno non quere gobernar”
A compañía de teatro estreará o 31 de marzo a súa nova montaxe: Viaxe ao país dos ananos, coa que celebrarán os vinte anos das Ultranoites e coa que percorrerán, dende o humor e a sátira a historia de Galicia das últimas décadas.
Sen perder de vista a traxectoria das Ultranoites, a actualidade máis escura e, sobre todo, os últimos vinte anos en Galicia; Chévere convidaranos a que os acompañemos na súa Viaxe ao país dos ananos. “Partimos de Celso Emilio Ferreiro, loxicamente, e da súa crítica á Galicia exterior que se atopou. Está ese referente, como tamén está o das viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift. Buscamos ese mesmo ton de contar dende fóra, realizando así unha crítica da nosa sociedade dende un país imaxinario. Ademais, queremos levalo todo a un nivel moi absurdo, semellante ao das Ultranoites, engadindo a sátira e a mala hostia de Celso Emilio”, sinala a actriz Mónica García.
Chévere prepara un “espectáculo contra Galicia”, un país de ananos “en el que el gobierno no quiere gobernar”
La compañía de teatro estrenará el 31 de marzo su nuevo montaje: Viaxe ao país dos ananos con el que celebrarán los veinte años de las Ultranoites y con el que recorrerán, desde el humor y la sátira la historia de Galicia de las últimas décadas.