Celso Emilio na Radio da Universidade de Navarra
09-04-2014
A emisora 98.3Radio, emisora da Universidade de Navarra, ven de adicar un espacio na súa programación titulado “La poesía de Celso Emilio Ferreiro“.
Celso Emilio recita o poema Alma da terra e Luis Seoane recita Longa noite de pedra
La emisora 98.3Radio, emisora de la Universidad de Navarra, dedica un espacio en su programación titulado “La poesía de Celso Emilio Ferreiro“.
Alma da terra
Lonxana Celanova vinculeira,
torre ebúrnea da miña mocedade,
cando te lembro sai da súa toqueira
coma un furón de soños, a saudade.
Unha chuvia monótona e tristeira
cai decote na miña intimidade,
e sinto que unha sombra silandeira,
coma un solpor o meu esprito invade.
Quero voltar a ti, nai garimosa,
colo natal, arxila rumorosa,
pra acalar esta anguria que me berra
dende o fondo da noite estrelecida,
pedindo amor, pregando fe de vida
pra ser eternamente alma da terra.
Longa noite de pedra
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
.