Entradas de] editor de CEF

Unha nova edición de “Longa noite de pedra” proxecta a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro no ámbito internacional

A obra literaria de Celso Emilio Ferreiro dá un paso adiante na súa difusión fóra das fronteiras de Galicia e na chegada a novos públicos. Faino cunha nova edición de Longa noite de pedra, unha versión bilingüe galego-castelán de Auga Editora, que foi presentada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no Centro […]

“Sorprende a amizade entre Celso Emilio e Cela”

O crítico literario e investigador Ramón Nicolás publicará a finais de maio a súa agardada biografía de Celso Emilio Ferreiro. A obra atópase en proceso de maquetación e a Editorial Xerais pretende lanzalo ás librarías galegas a finais de maio e iniciar as presentacións na Feira do Libro do Vigo. Polo momento, a obra de […]

Celso Emilio Ferreiro no Bierzo

Ramón Nicolás, recolle no seu blogue Caderno da crítica, unhas reflexións suscitadas ao fío da publicación dun artigo de César Gavela no Diario de León arredor da visita a Ponferrada que Celso Emilio Ferreiro realizou a finais de 1974. Reprodúcese aquí o artigo do escritor leonés: Amancio Prada y José Álvarez de Paz fueron los apóstoles de […]

Exposición conmemorativa dos 50 anos da publicación de Longa noite de pedra

Segundo informa hoxe El Correo Gallego a Biblioteca Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, dirixida ao público infantil e xuvenil, prepara catro mostras bibliográficas que se poderán visitar nas súas instalacións de Frei Rosendo Salvado. Entre elas salientamos a titulada “Celso Emilio Ferreiro: 50 anos da publicación de Longa noite de pedra”, que se poderá visitar […]

“O obxectivo é que os rapaces de 15 anos flipen con Celso Emilio”, declaracións de Aser Álvarez en Dioivo

O novo xornal dixital en lingua galega, Dioivo, estréase incluíndo unha entrevista, realizada por Carlos Meixide, a Aser Álvarez, cabezaleiro da Asociación Arraianos e responsable do Monográfico Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Deixamos aquí unha ligazón á entrevista e desexamos longa vida á nova plataforma informativa.

Celso Emilio Ferreiro guionista

En xullo de 1951, celebrouse unha pelegrinaxe polos lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro. Participaron nela as máis egrexias personalidades da cultura galega daquel tempo (Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Gómez Román, Martínez Risco, Manuel Casás, Ramón Piñeiro, García Sabell e Fernández del Riego, entre outros), ademais de centos de galegos anónimos […]