Entradas de] editor de CEF

Recitando Celso Emilio a 30.000 voces

11-12-2012, Praza Pública Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo “en defensa da lingua”. Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización […]

100% CEF, Documental de Aser Álvarez coa intervención de Luis Tosar

10-12-2012 Tráiler do Documental 100% CEF. O documental estrease o 12 de Decembro na TVG as 23:30 horas. [button href=”http://vimeo.com/55263864″ color=”red” icon=”star” ]100% CEF[/button]   Mañá, mércores, 12/12/12 ás 23.30 a TVG estrea o documental “100% CEF”  Esta longametraxe documental é o froito da edición e a montaxe de case cen horas de gravación con […]

Deitado frente ao mar

10-12-2012 O 12/12/2012 as 12:00 horas: Lectura do “Poema deitado frente ao mar” nos Centros de Ensino.                                                Deitado frente ao mar… Língoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que […]

Exposición interactiva no IES Lauro Olmo de Valdeorras sobre Celso Emilio Ferreiro

05-12-2012,El Correo Gallego A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva ao IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras unha exposición interactiva sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro. A mostra, que estará no centro valdeorrés ata o vindeiro 12 de decembro, enmárcase dentro das actividades programadas pola Xunta para conmemorar […]

Mil versos para Celso Emilio

2-12-2012                                        Maratón radiofónico en directo Os días 19, 20 e 21 de Decembro do 2012,  de 11:00 a 11:30 horas, nos estudios de Radio TV Wirtz, na Coruña, o alumnado do Instituto Fernando Wirtz, recitará poemas de Celso Emilio Ferreiro. Organiza: Equipo de Dinamización Lingüistíca.

Presentación do libro "CARTAFOL DE SOÑOS"

2-12-2012                 Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu Centenario (1912-2012) Portas Ártabras, Rúa Sinagoga 22, A Coruña as 20:00 horas Presentación do libro “Cartafol de Soños”, obra colectiva de doce poetas galegos adicados a Celso Emilio: Isaac Alonso Estraviz, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco,Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana,Margarita Ledo Andión,Lois Diéguez, Xesús Rábade […]