21-12-2013

Poema de Celso Emilio cantado polo grupo As Garotas


Historia dunha muller
Contaréivos a historia
de aquela muller fea, tristemente
sentada diante a porta
de un remoto domingo de foguetes,
mentras a noite espreita nos tellados
ás ledas anduriñas tecelanas.

Seica ten un marido que foi mozo
e agora é soio sombra
ou meridián de ventos ventureiros.·
Un home que lle escribe indescifrábeles
cartas de amor cando é ano bisiesto,
datadas en Shangay ou Terranova.

Pero ela nunca chora, está sentada
á porta dunha estrela, está esperando
cos ollos postos sobre as duras pedras,
ferida polo tempo, escura llanza.

Contaréivos a historia.

Tivo un fillo de achego nas carqueixas
que aquil ano cheiraban a pecado.
Tivo un fillo lexítimo
legalizado en cánones i en libros,
folio tantos, ut supra, reintegrado
con pólizas e timbres espedientes.

Os fiIlos foron indo
hasta un día de abril, precisamente,
que lles nacéu nas maus unha paisaxe
de capricornios trópicos con lúas
e máxicos pandeiros barloventos.

¡Xa non tiña remedio!

Marcháronse o bastardo e o lexítirno
camiño de ningures
baixo estreIas sin nome.

Agora collen caucho, curten peles
de caimán no Orinoco,
según dixo un veciño
que rexenta un quilombo de mulatas
alá en Venezuela.

Pero ela nunca chora, está sentada
á porta dunha estrela,
ferida polo tempo, escura llanza.

O soño sulagado 1954
Historia de una mujer
Os contaré la historia
de aquella mujer fea, tristemente
sentada delante de la puerta
de un remoto domingo de cohetes,
mientras la noche espía en los tejados
a las alegres golondrinas tejedoras.

Tal vez tiene un marido que fue joven
y ahora es solamente sombra
o meridiano de vientos aventureros.
Un hombre que le escribe indescifrables
cartas de amor cuando el año es bisiesto,
fechadas en Shangay o en Terranova.

Pero ella nunca llora, está sentada
a la puerta de una estrella, está esperando
con los ojos posados en las duras piedras,
herida por el tiempo , oscura lanza.

Os contaré la historia.

Tuvo un hijo de arrimo en las carquesias
que aquel año olían a pecado.
Tuvo un hijo legítimo
legalizado en cánones y en libros,
folio tantos, ut supra, reintegrado
con polizas y timbres expedientes.

Los hijos fueron creciendo
hasta un día de abril, precisamente,
que les nació en las manos un paisaje
de capricornios trópicos con lunaS
y mágicos panderos barloventos.

¡Ya no tenía remedio!

Se fueron el bastardo y el legítimo
camino de no se sabe dónde
bajo estrellas desconocidas.

Ahora recogen caucho, curten pieles
de caimán en el Orinoco,
según ha dicho un vecino
que regenta un prostíbulo de mulatas
allá en Venezuela.

Pero ella jamás llora, está sentada
a la puerta de una estrella,
herida por el tiempo, oscura lanza.

20-12-2013

Poema de Celso Emilio cantado por Amancio Prada

PREMER / PULSAR

 

Belén, ano cero
Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.

Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.

Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.

Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasóu tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.

Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.

Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas maus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.

Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.

¿Quén foi o que roubóu o meu presente?
Belén, año cero
Junté el viento frío y el aguanieve,
junté la noche negra con la helada,
y ví un niño desnudo en un pesebre.

Qué misterio más hondo, qué aventura:
El niño no quería
gozar de otros hermanos, ni de otra ayuda.

Por algo estaba allí, por algo estaba
tan lejos de la riqueza lisonjera,
tan cerca de la pobreza desolada.

Por algo los pastores se acercaron.
Y si el viento pasó tan lentamente
cantando suavemente, fue por algo.

Por algo era María una artesana,
cuando podía ser, si ella quisiera,
esposa principal, primera dama.

Por algo era José un carpintero
de fuertes recias manos encallecidas
en la garlopa, en el escoplo y el martillo.

Junté todos los huérfanos en una cuna,
junté las injusticias con las ofensas
y los puse de ofrenda en un pesebre.

¿Quién fue el que robó mi presente?(Viaxe ao país dos ananos, 1968)

16-12-2013
Texto: Tempo de lecer Ourense

O Centro de Maiores da Fundación Novacaixagalicia acolle o martes, día 17 de decembro, a proxección do documental: 100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro, de Aser Álvarez. Trátase dun documental que foi realizado para a súa edición na TVG e que repasa a vida e obra deste esritor celanovés. A proxección terá lugar ás 18.00 horas. A entrada é gratuíta.
Neste documental é Luís Tosar quen interpreta a Celso Emilio nas súas paisaxes e tecleando na vella máquina de escribir. Pero ademais desa figura reinterpretada, a longametraxe conta coa opinión de corenta persoeiros que van completando un retrato biográfico e literario para apreixar a complexidade e a amplitude da figura do escritor de Celanova. O documental conta, por unha parte, coas opinións de familiares do escritor e especialistas na súa obra, como os seus biógrafos Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás. Méndez Ferrín, Neira Vilas, pola parte literaria, son voces que se suman á de músicos como Luis Emilio Batallán, Mini e Mero ou Labregos do Tempo dos Sputniks

13-12-2013

Poema do Libro Viaxe ao país dos Ananos, Interpretado polo grupo de Rock “REINCIDENTES” no Festival Castelo  Rock en Muros (A Coruña).

Agardarei, Celso Emilio Ferreiro

Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Teños lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que día…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

05-12-2013

BUDIÑO E LUIS TOSAR – Hoxe Canto en Libertá

Música: BUDIÑO
Voz:     LUIS TOSAR
Letra:   CELSO EMILIO FERREIRO
Gravación incluída no disco SOTAQUE de BUDIÑO

A letra desta canción contén dous poemas de Celso Emilio Ferreiro:

[button href=”http://vimeo.com/74242514″ color=”red” size=”xlarge” icon=”rss” ]PREMAR/PULSAR[/button]


SPIRITUAL

Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.
Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.
Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.
Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.
Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.
Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.
Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

TÍ E MAIS EU

(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de tí e min
xa que vivimos.
Tí i eu nos ventos
e nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
e nos ríos.
Tí i eu, historia
de corpos nidios.
Tí i eu, saudade
de álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
chorando e rindo.


03-12-2013

RadioTV WIRTZ, 2ª Edición de “MIL VERSOS PARA CELSO EMILIO

Os vindeiros días 18,19 e 20 de decembro ás 11 horas emitiremos dende os estudios de RadioTV WIRTZ a 2ª Edición de “MIL VERSOS PARA CELSO EMILIO“. Estas emisións poderán seguirse en directo na canle de TV en: htttp://www.ustream.tv/channel/radio-wirtz.

Nesta 2ª edición do Maratón de poesía ,os alumnos do Instituto de Ensinanza Secundaria Fernando Wirtz  lerán poemas de Celso Emilio. O evento está orgaízado polo Departamento de Língoa Galega e RadioTV Wirtz.

02-12-2013

UNHA MEMORIA DO MOVIMENTO POPULAR DA CANCIÓN GALEGA (1973-1978)

Disco-libro editado pola Editorial Galaxia e PAI Edicións S.L., e da autoría de Antón Seoane, que recolle dezoito cancións cantadas entre 1973 e 1978 por dous dos grupos mais senlleiros da Canción Galega daqueles anos.

…”A medio camiño entre a ditadura e a democracia cabalgaron os anos intermedios da música en Galicia, aqueles que case ficaron como follas en branco, como fóra de temporada, a xeito da tan manida verba outlet. Un lapso de tempo no que, non obstante, tamén había vida,  e que vai dende o final de Voces Ceibes, entendido como colectivo definido, xa ben andados os anos 70, ata a creación de Milladoiro, e dicir, o período primavera 1973 outono de 1978.”  (“Introdución ao Disco-Libro”)

O disco recolle poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Quintas Canella, Antón Seoane, Bibiano Morón, Xoán Manuel Casado, Álvaro Cunqueiro e a canción popular “O sancristán de Coímbra

Poemas de Celso Emilio:
-Espranza
-Neno orfo con cabalos o fondo
-Inverno
-Limiar
-Soldado 

Trailer do documental De Voces Ceibes a Milladoiro

[button href=”http://www.youtube.com/watch?v=W-2WZRsfems” color=”red” size=”xlarge” icon=”star” ]PREMAR/PULSAR[/button]

30-11-2013

PREMIO XOÁN MANUEL PINTOS

O Premio Xoán Manuel Pintos que convocan o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua vén recoñecer a traxectoria de KALANDRAKA a prol do idioma e de distinguir a campaña ‘Gústame o galego’, impulsada dende a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL).

O director da editorial, Xosé Ballesteros, reivindicou con versos de Celso Emilio Ferreiro a importancia do galego como vehículo de expresión en todos os niveis.”

  “Lingua proletaria do meu pobo,
  eu fáloa porque sí, porque me gosta,
  porque me peta e quero e dame a gana;
  porque me sai de dentro, alá do fondo
  dunha tristura aceda que me abrangue
  ao ver tantos patufos desleigados,
  pequenos mequetrefes sin raíces
  que ao pór a garabata xa non saben
  afirmarse no amor dos devanceiros…”

[Fragmento de Deitado fronte ao mar…:
“Celso Emilio Ferreiro, escolma poética”, ilustrado por Baldo Ramos (Faktoría K)]

 

28-11-2013

Onte, Mércores 27, tivo lugar un coloquio no  Clube de Lectura de Silleda adicado a  figura de Celso Emilio. No coloquio intervíu Ramón Nicolás, autor da biografía, “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” e Luis Ferreiro, Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
No acto, que tivo lugar na Biblioteca Municipal Daniel Castelao, Ramón Nicolás e Luis Ferreiro, responderon as preguntas feitas polos asistentes sobre a biografía,e asimesmo falaron da orixe do libro e de como se artellou o mesmo.
Ao chegar foron recibidos polas concelleiras de Cultura e Educación, Margarita Campos Espiño e Mª Pilar Péon Iglesias, así como pola profesora Gracia Santórum,coordinadora do Clube.

              

Luis Ferreiro, Gracia Santórum, Margarita Campos, Ramón Nicolás e Mª Pilar Peón

Ayer, Miércoles 27, tuvo lugar un coloquio en el Club de Lectura de Silleda dedicado a la figura  de Celso Emilio. En el coloquio intervino  Ramón Nicolás,, autor de la biografía, “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” y Luis Ferreiro, Director de la Fundación Celso Emilio Ferreiro.
En el acto, que tuvo lugar en la Biblioteca Municipal Daniel Castelao, Ramón Nicolás y Luis Ferreiro, respondieron a las preguntas hechas por los asistentes sobre la biografía, y asimismo hablaron del origen del libro y de cómo se preparó.
Al llegar fueron recibidos por las concejalas de Cultura y Educación, Margarita Campos Espiño y Mª Pilar Péon Iglesias,, así como por la profesora Gracia Santórum,coordinadora del Club.

28-11-2013

A Asociación Cultural Pedra Seixa de Navia (Vigo), presentou o día 21 o Documental 100% Celso Emilio Ferreiro. Esta presentación forma parte dun ciclo orgaízado pola Asociación que continuará nos próximos días con outras proxeccións.
Luis FerreiroDirector da  Fundación Celso Emilio Ferreiro participou, no remate, nun coloquio cós asistentes.