O presidente da Xunta asegurou que o seu legado segue moi vixente, e iso fai “que o achegue máis á inmortalidade”
Celanova 9-06-2012
Máis presente que nunca.Celso Emilio Ferreiro recibiu a homenaxe de recoñecemento da cultura galega e da sociedade en xeral no Centenario do seu nacemento. Foi na súa terra natal, “Onde o mundo se chama Celanova”
como reza esa lenda que traspasa fronteiras, e que é berce de escritores e insignes personaxes do mundo das letras. Como proclamaron todos os que ensalzaron a figura dun home comprometido co seu país.
Ata a casa na que naceu o poeta, situada na denominada Rúa Curros Enríquez, como lembrou o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrin, trasladouse a comitiva que encabezaba o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que ademais de destacar a figura de Celso Emilio Ferreiro, cuxo legado dixo está moi vixente, sentenciou que “hai poetas que se achegan á inmortalidad”.
Foi posta unha placa conmemorativa .Nuñez Feijóo, que estaba acompañado polo fillo do poeta, Luís Ferreiro, o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, e Xosé LuisMéndez Ferrín, foron os encargados de intervir no
acto.Nuñez Feijoo dixo que o poemario de Celso Emilio, segue sendo “noso mellor libro de historia”, e o seu livro: Longa noite de pedra, convertese na “resistencia lírica”, e polo tanto leva a que se denomine a Celanova como a “capital do lirismo galego”. E sinalou a Celso Emilio Ferreiro e a Manuel Curros Enríquez como os “cartógrafos do noso ser, os ferreiros que forxan o noso sentimento coa ferramenta das palabras, os que fan falar a aqueles que non podían facelo”.
A luz do poeta
Tamén asegurou o xefe do executivo galego que Celso Emilio Ferreiro “puxo luz na noite de pedra” e ensínounos que o” mundo pode estar en Celanova ou en calquera lugar de Galicia onde haxa alguén con alma de poeta”. Por iso é polo que trasladase unha mensaxe concreta aos poetas de hoxe, nesa “necesidade de manter a punto a súa sensibilidade porque deles depende en boa medida que ese “vínculo espiritual que nos fai tan fortes como pobo tome alento cada día”.
Pero foi o fillo do poeta, Luís Ferreiro, o que recordou a “voz rexa e contestataria” do seu pai, que dixo “está
vivo e presente neste acto.
Os actos do Centenario cumpriron para o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, o obxectivo marcado, é “manternos fieis á obra poética de Celso Emilio Ferreiro”, e destacou especialmente o carácter popular de
toda-las iniciativas que se levaron a cabo, que demostrase na implicación da vila ourensana co seu poeta,cuxa obra é un “patrimonio de calado histórico”.
Méndez Ferrín dixo que Celso Emilio “Segue vivo e co puño levantado, como o recordo” O presidente da Real Academia Galega, evocou pasaxes do “amigo, mestre e camarada” Celso Emilio Ferreiro, pero especialmente o seu apego a Celanova: “elanoveiro e *enrraizado a esta terra”, así como esa coraxe que lle converteu, entre outras calidades, nunha referencia máis aló do mundo da cultura.
Quén tamén se sumou á homenaxe foi o Segredario dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez, que puxo ao poeta como exemplo de “loitador contra a resignación, polas liberdades e contra a inxustiza social”, seguindo ese ronsel do “socialismo galeguista”.
Entre as autoridades atopábase o vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, o presidente da
Diputación, Xosé Manue Baltar, o antecesor, o seu pai, José Luís Baltar, a diputada o Congreso Laura Seara, entre outros.
O rematar o acto houbo unha sesión extraordinaria da Real Academia Galega en lembranza do poeta, na que falaron os Académicos, Salvador García Bodaño, Margarita Ledo, Darío Xoán Cabanas e Francisco Rey.