Vía Caderno da crítica:

 

Crónicas de la emigración incorpora unha colaboración de Rebeca Caride na que resume algunhas das ideas que desenvolvín na Xornada Celso Emilio Ferreiro que se celebrou hai uns días no Consello da Cultura Galega. Deixo aquí a súa versión en galego:

A actividade cultural e política de Celso Emilio Ferreiro centrou a conferencia que Ramón Nicolás, profesor de lingua e literatura galega, impartiu no marco da xornada organizada polo Arquivo da Emigración Galega para celebrar o centenario do nacemento do ilustre galeguista. Considerado por Xosé Manuel Núñez Seixas, coordinador deste encontro, como «o mellor coñecedor da vida de Ferreiro», Ramón Nicolás iniciou o seu relato en Celanova, a vila natal do insigne intelectual e que, segundo dixo, «é unha alfa e omega na súa vida».

Celso Emilio Ferreiro funda en 1932, xunto co seu amigo Xosé Velo, as ‘Mocedades Galeguistas de Celanova’  e, un ano máis tarde, segundo Ramón Nicolás, implícase na redacción do semanario ‘Adiante’, que só publica un número, e que lle serve para «comezar a fortalecer a súa voz pública». Ademais, participa na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas, que celebra a súa primeira asemblea en maio de 1934 e nace co fin de «crear unha conciencia nacionalista no noso país». Así pois, encárgase de fomentar os estudos sobre historia, literatura e economía galega, construír unha biblioteca galega e promover a cultura da terra. É na segunda asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, que ten lugar en Ourense en 1935, cando Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo empezan a dominar os órganos executivos da  entidade. Nese momento, búscase «máis operatividade, resultados a curto prazo alimentados polo ideal nacionalista» e se «acentúan as posicións maximalistas», explicou Ramón Nicolás.
Cabe destacar que, uns meses despois, o intelectual galeguista é designado concelleiro de Celanova, cargo do que dimite porque non sentía o apoio da organización á que pertencía aínda que o que en realidade sucedía era que, segundo dixo o relator, «non» quería colaborar cos partidos estatalistas».  No terceiro encontro da entidade, celebrado en Ourense en maio de 1936, ambos os dous dirixentes abandonaron a Federación tras perder as eleccións. Despois de vivir en Ourense e Celanova, Ferreiro é destinado a Oviedo, onde vive como soldado do exército sublevado. Ao seu regreso a Galicia oposita á Fiscalía de Taxas e, entre 1941 e 1949, aséntase en Pontevedra, colaborando con diversas revistas e xornais. Nesta etapa comeza a relacionarse con células do Partido Comunista (PC) aínda que «con baixa intensidade», indicou Ramón Nicolás.

Ao mesmo tempo, Ferreiro continúa coa súa formación e logra o título de procurador dos tribunais. É entón cando se traslada a vivir a Vigo e inicia a súa actividade política na clandestinidade, aproximándose ao PC e participando no proxecto de creación da UPG, partido que se funda en xullo de 1964. A súa colaboración cos Cantos della nuova resistenza espagnola provoca que a policía lle poña cerco á súa vida política e vital o que, unido ás súas dificultades económicas, orixina que emigrase. Nese instante, explicou Ramón Nicolás, o ilustre intelectual «tiña idealizado o mundo da emigración». Tras ser expulsado da Irmandade Galega de Venezuela, declarou o experto, «non» perde «a idea de retornar, unha realidade que ve de preto da man de Felipe Armesto e de María Victoria Fernández España, os cales estudan a posibilidade de que traballe en ‘Tribuna Médica’, en Madrid». Durante a súa  estancia en Caracas, Celso Emilio Ferreiro «vive unha ausencia total de información da UPG» e, en 1974, dá por finalizada a súa relación coa agrupación. Catro anos máis tarde, ingresa no PSOE de Vigo, onde participa en reunións sobre o Estatuto de Autonomía e colabora na tradución ao galego do programa electoral do partido. Finalmente falece en agosto de 1979.

 

Organiza: Biblioteca do IES de Celanova, Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova – Baixa Limia

Colabora: Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Fundación Celso Emilio Ferreiro

Lugar de celebración: Biblioteca do IES de Celanova
Datas: Mércores 20 de xuño (10.45-12.25). Xoves 21 de xuño (19.00 en diante)

Exposicións

Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova)
Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989

Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande),Libro feito polo alumnado de Educación Infantil

O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande)
Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez

Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular

Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)

Os ollos das palabras Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos

Presentacións

Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia (IES de Celanova)

Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca

Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor

Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova

Audiovisuais

A miña palabra preferida é…(CEIP Curros Enríquez – Celanova)
Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova

Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova)
Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro

A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez – Ramirás)

Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle)

Versión dun poema de Henrique Feixó

Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)

Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia

Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)

Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL)

Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño)

Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG

Recitais

Recital musicado dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova)

Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande)

Intervencións

Celso Emilio Ferreiro fai cen anos

Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro

Escritores da Terra. Terra de escritores

Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola AELG

A palabra dos nosos escritores

Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia

Propostas

Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro

 

 

 

Xoán Gulías, coordinador do EDLG do IES Valadares (Vigo) é o responsable deste video colaborativo no que participou gran parte da  comunidade educativa do IES Valadares,implicando no proxecto a alumnado, profesorado, pais e nais e  persoal non docente, xunto con Luís Ferreiro.

Vigo, 29 de Maio do 2012
No Museo do Mar de Vigo foi presentado o Libro, “Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro”.

O libro editado polo Centro Ramón Piñeiro na súa colección “Cadernos de Ramón Piñeiro”, contén a correspondencia mantida polo escritor Xosé Neira Vilas e os homenaxeados este ano, Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro.

O  acto de presentación estivo presidido polo Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o responsable da edición do libro, Xosé Neira Vilas; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz Andrade; Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio; e Marta Lucio, directora do Museo do Mar. O Conselleiro destacou que con ista edición,a Consellería quere conmemorar doblemente as Letras Galegas, adicadas a Paz-Andrade, e o Ano Celso Emilio Ferreiro, no Centenario de seu nacemento.

Alumnado do CEIP da Barqueira puxo en marcha un traballo multidisciplinar no que ofrecen esta versión rapeira de «Deitado frente ao mar», gravada polo propio alumnado de 3º ciclo e que incorpora propostas artísticas realizadas na materia de Plástica.

Ourense 28 de Maio 2012

A instalación pon en valor o legado do escritor a través dun formato interactivo e novidoso, que inclúe audiovisuais, fotografías, poemas musicados, obxectos persoais de Celso Emilio Ferreiro e gravacións sonoras co seu propio recitado.

O secretario Xeral de Cultura inaugurou esta mañá a exposición, que poderá visitarse en Ourense ata o 8 de xuño.A iniciativa enmárcase na programación que está a promover a Xunta de Galicia para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro.

 

O preocupante é, cos Ananos naceron na Galicia e marcharon para a emigración, mais tamén siguen na Galicia.
(Conde del Louro y Barón del Río Miñor)

En lembranza dos compañeiros que conmigo sofreron no País dos Ananos. (Celso Emilio Ferreiro)
.
…Xente á que debes decirlle

surrindo e sin acritude:
os mortos que vós matades,
os mortos que vós matades
gozan de boa saúde

..Pode o corpo ser vencido,
pode o dereito ser torto,
mais o lume que alampea
mais o lume que alampea
xamais o veredes morto.

Falo en nome da Terra, homes de ben…
Non me escoitou ninguén.

…Esqueceran o tempo da probeza
i a fala dos abós; pro non sabían
a vileza sin fin en que vivían
agora que eran parias da riqueza.

Fardados con exóticas albardas,
falando nun idioma estrafalario,
trocaron o seu mundo proletario
polo mundo sin fe dos alpabardas.

 

Repudio as inxusticias
i a libertá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso
Teño a luz dos abrentes
i as estrelas reparto
Estóu cos sofridores,
vivo cos desherdados
Pelexo contra a noite
e non creo nos anxos
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso:
Dilles aos irmáus da Terra
que é moi triste o País dos Ananos.

 

 

 

Conferencia do profesor Alonso Momtero na  Aula de Cultura do Liceo de Ourense, no comenzo dunha nova edición do Ciclo de Conferencias “Visións de Galicia” que organiza a Sección de Literatura do Liceo,  a cargo do Profesor Xesús Alonso Montero que nos falou de‘‘CELSO EMILIO FERREIRO”, e o que significou a partir da publicación de “Longa Noite de Pedra” no ano 1962, tamén nos contou detalles da homenaxe que se lle bindrou no Hotel Roma, poucos días antes da súa marcha a Caracas.. En fin una intervención brillante, como case que todas as do Profesor Alonso Montero.      

Alumnos dos colexios Curros Enríquez da Coruña e Celanova e tamén do Sagrado Corazón celanovés, remataron o dibuxo que Pablo Picasso adicou a Celso Emilio.
Así como fragmentos do poema ‘O Reino’ , e interpretacions gráficas do mesmo.