Listado de la etiqueta: Castelao

06-01-2015
Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao..

Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro)

Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº 19.866, 27 de marzo de 1976) onde viu a luz un artigo do celanovés baixo o título “Castelao, Vivo”; tamén o fago desde a convicción de que existe un traballo aínda por facer que é o da recolla de artigos e outras intervencións de carácter político que Celso Emilio deu a coñecer desde  a época da Federación de Mocedades Galeguistas, que el mesmo contribuíu a transformar en Federación de Mocedades Nacionalistas, ata os seus últimos anos.

Complemento o apuntamento cunhas fotografías que puiden rescatar, realizadas hai un par de anos, tanto do  Centro Galego de Bos Aires como do cuarto hospitalario dependente desta institución onde Castelao faleceu e que se mantén intacto desde aquela: unha iniciativa da que non coñezo caso semellante en ningures.

 

O desfavor máis grande que se lle pode facer a Castelao é tratar de canonizalo na beatitude do inmovilismo, convertíndoo nunha figura de museo. E si a entronización está feita deliberadamente coa intención de trocalo nun híbrido político, por enriba do ben e do mal (léase esquerdas e dereitas), para non inquedar a dixestión dos pequenos tendeiros folkloristas, entón o desfavor transfórmase nunha alcatreante treiduría. (…)

En pirmeiro termo hai que decir que Castelao non era un simpre galeguista, sinon un nacionalista galego, cousa un pouco diferente. A palabra galeguismo, como outras moitas verbas (libertá, democracia, socialismo, etc.) que noutrora tiveron un siñificado moi concreto, ten agora a semántica deturpada por o uso i o abuso dos falsificadores, e presenta un senso cada día menos efectivo e máis equívoco. Galeguista, por exempro, é Fraga Iribarne cando afirma que a lingoa galega “es un idioma tan español como el castellano”. Tamén Franco, a súa maneira, é galeguista cando se toma o traballo de ir dende Meirás a Sada pra saborear, a dedo, unhas “enxebres” sardiñas asadas.

Celso Emilio Ferreiro

 >
Lendo certo períodico menstrual
Olla meu irmáu honrado
o que acontez con Daniel:
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda,
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.

O lurdo carca refrito,
o monifate de entroido,
o aprendiz de señorito,
marqués de quero e non poido.

O badoco endomingado,
o franquista pousafol,
o forricas desleigado,
o pequeno burgués mol.

O devoto do onanismo,
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que dá gato por lebre.

O rateiro de peirao,
o refugallo incivil,
válense de Castelao
pra esconder a caste vil.

Escoita puto nefando,
criado na servidumbre:
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.

Grotesco escriba sandéu,
inxertado nun raposo.
Castelao nunca foi teu,
porque Castelao é noso.

I anque a ti che importa un pito,
sabrás que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

Olla meu irmao”. MIRO CASABELLA, Miro canta “Cantigas de escarnho e de mal dizer”.
Edigsa/Xistral, Barcelona, 1969. Musicado por Pedro J. Puértolas, arr. Miro Casabella.
Título orixinal do poema: “Lendo certo períodico menstrual”

Leyendo cierto periódico menstrual
Mira, hermano mío honrado,
lo que pasa con Daniel:
los que lo tuvieron desterrado
hablan ahora bien de él.

El palurdo de alma lerda
el tendero desertor,
el primogénito de la mierda
disfrazado de señor.

El pesado carca refrito,
el monifate de entruejo,
el aprendiz de señorito,
marqués de quiero  y no puedo.

El patán endomingado,
el fascista enchufado,
el cobarde descastado,
el pequeño burgués blandengue.

El devoto del onanismo,
el feligrés de pesebre,
el tullido de cinismo
el que da gato por liebre.

 El ratero de muelle
el residuo  incivil,
se valen de Castelao
para ocultar la casta vil.

Escucha, puto nefando,
criado en la servidumbre:
no pasará el contrabando
de tú asqueroso  estiércol.

Grotesco escriba simplón,
injertado en un zorro.
Castelao nunca fue tuyo,
porque Castelao es nuestro.

Y aunque a ti te importe un pito,
sabrás que es cosa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

 
“Mira hermano mío”. MIRO CASABELLA, Miro canta “Cantigas de escarnio y de mal decir”.
.Edigsa/Xistral, Barcelona, 1969. Musicado por Pedro J. Puértolas, arr. Miro Casabella.
Título original del poema: “Leyendo cierto períodico menstrual”
.