Listado de la etiqueta: culturgal

04-12-2014

A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.”

Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións.

Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.

 

 

 

 

01-12-2014

LP Galicia Canta, distribución gratuita
A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas.

Lado A
Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro
No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez
O Umbral. X.Moscoso/X.Les
Ti Galicia. Miro
Vento de inxusticia. Guillermo
A Emigración. X. Rubia/M. Curros Enríquez

Lado B
A Historia do meu Pobo. J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Un vento ven.  J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Cholo Peruan. Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pandeirada ao Ché.  Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pola longa lonxanía.  C.E. Ferreiro/Xulio Formoso
O dedo na Chaga. C.E. Ferreiro/Xulio Formoso

A Fundación pon a disposición 50 exemplares gratuitos desta xoia da música galega, para as primeiras 50 peticións (un disco por persoa) feitas antes do 5 de Decembro 2014.
¿Como conseguilo?
Escrebe un e-mail ao seguinte enderezo:  funcef@fundacioncelsoemilioferreiro.es , indicando o teu nome, apelidos e nº de teléfono ou correo electrónico.
¿Onde recollelo?
No Culturgal en Pontevedra os días 5,6 e 7 de Decembro, tí ou a persoa que indiques, poderá recoller o exemplar no Stand Nº 26 de Ouvirmos (Non se realizan envios).