01-07-2018
O Xoves 5 de Xullo do 2018, o profesor Ramón Nicolás, Patrón da Fundación Celso Emilio Ferreiro, presentará o libro “Lapis na Noite” (Edicións Xerais) na Feira do Libro de Vigo as 19:45
Interveñen: Fran Alonso e María Xosé Porteiro
” Lapis na noite ” bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983).