Listado de la etiqueta: homenaxe

02-12-2019

O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro “figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia

• O Presidente Santalices anunciou a próxima publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro patrocinada pola secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e polo Parlamento de Galicia

 

Santiago, 2 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde un acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro para conmemorar o 40 aniversario do seu pasamento.

O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou que “nada do que acontece en Galicia, ningunha corrente de pensamento, ningún feito histórico, literario, social ou cultural debe resultar alleo ao Parlamento de Galicia, a casa de todas as galegas e galegos”.

Por esta razón, argumentou Santalices, “xornadas coma esta, que conmemora o 40 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, son e serán sempre benvidas nesta institución, máxime tendo en conta que somos en gran parte debedores do traballo, do sufrimento, da incomprensión e do infinito talento de figuras como a que hoxe homenaxeamos”.

Próxima biografía

O titular do Lexislativo galego anunciou que a homenaxe deste luns terá continuidade coa publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro, con textos de Ramón Nicolás e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e do Parlamento de Galicia.

Insistiu Santalices Vieira en que “para os que nacemos, nos criamos e pensamos en galego, Celso Emilio Ferreiro –ao que tiven o privilexio de tratar na nosa casa de Bande- é unha figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia.

A homenaxe celebrada esta tarde no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia contou tamén coas intervencións do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o profesor Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro;  e o académico e ex-presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero “un dos grandes sabios da nosa tribo”, en palabras de Santalices.

Alumnado do IES Castelao, de Vigo, e do IES Celso Emilio Ferreiro, de Celanova, deron lectura a diferentes textos do autor homenaxeado. Por parte da familia, interviñeron Luis Ferreiro fillo de Celso Emilio, e Benxamín Ferreiro bisneto de Celso Emilio Ferreiro. O acto foi presentado pola actriz Isabel Blanco, Premio Celanova, Casa dos Poetas 2019.

 

009 Homenaxe Celso Emilio1
 

 

08-02-2014

PORTA TREZE – Associação Poética de Todas as Artes.

A Associaçao PORTA XIII de Vilanova de Cerveira (Portugal), orgaíza unha homenaxe a Celso Emilio o día 15 de Febreiro coa presentación do Documental 100% CEF. .
Na presentación estará o Director do documental Aser Álvarez, Tamén intervendrá ó Trío de Saxofonistas da Escola de Música do Rosal
Hora: 16:00 (15:00 hora española).
Lugar:PORTA TREZE
         Rua Queiroz Ribeiro,11-15,Vilanova de Cerveira,
         e-mail: portatreze@gmail.com
        Tel. 251795115
Associaçao PORTA XIII de Vilanova de Cerveira (Portugal), organiza un homenaje a Celso Emilio el día 15 de Febrero con la presentación del Documental 100%CEF.

En la presentación estará el Director del documental Aser Álvarez, También intervendrá el Trío de Saxofonistas de la Escuela de Música del Rosa
Hora: 16:00 (15:00 hora española).
Lugar:PORTA TREZE

         Rua Queiroz Ribeiro,11-15,  Vilanova de Cerveira 
         e-mail: portatreze@gmail.com
        Tel. 251795115

Homenaxe en Vilanova de Cerveira