04-06-2014
Poemas non publicados no libro Antipoemas por causas non imputables ao Autor. Despois de recibir o Premio Álamo de Poesía (1971) varios poemas do libro no foron publicados por problemas coa Censura.
FUERO JUZGO 1972
Se cada un de nós
vale tanto coma vós
e todos xuntos, nós,
valemos máis ca vós,
¿por que en lugar de nós
habedes de ser vós
quen nos goberne a nós?
CARCAJADOTAJE
Nin folga nin fusil nin metralleta
poñerán fin ao reinado ignominioso.
Só a risa pura da xente
derrubará os muros
do Jericó nefando onde habita
o crime asociado en comandita.
Só a risa, digo, compañeiros.
Someto á asemblea o meu proxecto
de hilaridade conxunta,
de burla subversiva e solidaria.
Concentraremos as gargantas
e o día da Morte,
o día do millón de caveiras,
cando Caín vixía a súa necrópole,
xermolará da terra sometida
unha árbore xigantesca de bramidos,
un alarido unánime de risas
que alcanzará a cúpula do pánico,
alí onde os déspotas esconden
o seu medo hermafrodita.
Só así, compañeiros, lograremos
derrubar a pirámide de chumbo.
Poemas Prohibidos (Caracas 1972)
Poemas no publicados en el libro Antipoemas por causas no imputables al Autor. Después de recibir el Premio Álamo de Poesía (1971) varios poemas del libro no fueron publicados por problemas con laCensura.