Listado de la etiqueta: TVG

05-02-2017

 

TVG

“Cantigas de Celso Emilio preséntanos a poesía social e comprometida do escritor de Celanova, que inspirou a música de numerosos artistas galegos nos últimos anos do franquismo e durante a transición democrática. En concreto, fai un percorrido por unha serie de temáticas coma as “cantigas de irmau”, de liberdade, de denuncia, de maldicir, de amor, do pobo ou da falsa despedida, entre outras, a través de figuras coma os cantantes Xosé Luís Rivas, Xavier González del Valle, Miro Casabella, Uxía Senlle, Serxio García, Luís Emilio Batallán ou Baldomero Iglesias. Tamén recolle os testemuños do escritor e académico Alonso Montero, amigo persoal e biógrafo de Celso Emilio, e da súa dona, María Luisa Moraima Loredo.

 

19-08-2015

Documental sobre Celso Emílio Ferreiro a través da musicalización dos seus poemas. O vídeo foi emitido pola TVG (http://www.crtvg.es), a quen pertence o copyright do mesmo.
Documental sobre Celso Emílio Ferreiro a través de la musicalización de sus poemas. El vídeo fue emitido por la TVG (http://www.crtvg.es), a quién pertenece el copyright del mismo.
 

http://www.youtube.com/watch?v=dmTk58ZQtVQ