O Parlamento declara o 2012 ano Celso Emilio Ferreiro


O Parlamento de Galicia aprobou o 11 de outubro por unanimidade unha iniciativa do PP que declara o 2012 como ano Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento.

A iniciativa destaca o labor desenvolvido polo poeta como renovador da literatura galega, así como a súa actividade política e literaria “de compromiso con Galicia e defensa das liberdades democráticas”.

A declaración do Parlamento incluirá actuacións de difusión da súa biografía e obra e procurará a implicación de institucións públicas na conmemoración do centenario.

Ver o documento

Artigos relacionados


Un gravado de Picasso dedicado a Celso Emilio, na Praza Maior de Celanova
Digo Viet Nam e basta, poema interpretado polo Grupo TABULA RASA
Presentación do libro Celso Emilio Ferreiro, editado pola Fundación Luis Tilve