Curtopía presenta en Vigo a Luis Tosar dando vida a Celso Emilio nun filme

Oct 26, 2012 editor de CEF novas

Faro de Vigo,26-10-2012

Dentro dos actos do centenario do autor de Longa noite de pedra, a Asociación Arraianos creou un documental biográfico sobre este autor. A peza presentarase en Vigo este fin de semana dentro da Romaría Audiovisual Curtopía, nas dependencias de Alg-a Lab, na parroquia de Valladares onde se verán preto de 30 curtos e documentais.
Este documental está dirixido por Aser Álvarez e leva o título de 100%*CEF. Está protagonizada polo lucense Luís Tosar que dá vida a Celso Emilio nunha cita na que o hip-hop vai da man dos versos do creador galego a través da música de grupos galegos como Labregos do tempo dos Sputniks que uniron a súa poesía con rap.
Desta peza, que emitirá a TVG este ano como broche ao Ano Celso Emilio, mostrarase o tráiler en Curtopía este fin de semana. Será mañá sábado 27 a partires das 23.15 horas. O director do documental,Aser Álvarez, advertía onte de que trárase dun “documental moi pouco académico, moi moderno, non que contamos quen foi Celso Emilio, cal foi o significado dá súa obra, cales foron as súas paixóns e as súas amizades”.

Artigos relacionados


“O dedo na chaga”, poema de Celso Emilio cantado por Xulio Formoso
Celso Emilio musicado polos nenos do Colexio Sagrado Corazón de Celanova
Rafael Alberti “CANTIGAS EN VERSO DE GAITA GALLEGA PARA CELSO EMILIO FERREIRO”