A Casa dos Poetas ampliará os seus fondos sobre Celso Emilio

Dec 24, 2012 editor de CEF novas

24-12-2012, La Región

A Fundación Curros Enríquez acollerá novos documentos e enseres do escritor celanovés

Poemas musicados, imaxes inéditas,audiovisuais e grabacións sonoras de Celso Emilio Ferreiro recitando os seus textos, conformarán a nova sala de exposicións da Casa dos Poetas. Ás portas da clausurar do centenario do autor de “Longa noite de pedra” a Fundación Curros Enríquez , confirmaba a ampliación dos fondos interactivos sobre o escritor. A sala  ‘A palleira’, onde se atopa unha pequena exposición sobre Celso Emilio Ferreiro pasará a ampliarse cos novos fondos.A exposición  fai un achegamento  vivo e profundo ao autor celanovés. Por iso é polo que, ademais dun catálogo multimedia, haberá algúns dos enseres persoais do escritor. Deseñada coa colaboración  da Fundación Celso Emilio Ferreiro, os devanditos fondos formaron parte da exposición interactiva montada con motivo do seu Centenario, e que  percorreu diversas bibliotecas nodais e institutos galegos.

ACTO DE DESPEDIDA
A ampliación da colección prevista para 2013 enriquecerá aínda máis si cabe, a Casa dos Poetas.  Ao longo de 2012, numerosas vilas e cidades galegas,Madrid ou Venezuela albergaron diferentes actos en homenaxe ao escritor celanovés. Conferencias, recitais, concertos e xornadas que rematarán o próximo 4 de Xaneiro. Coincidindo co que será o 101 aniversario do seu nacemento, a súa Celanova natal acollerá un acto de despedida na Praza Maior.
                                                       Sala A Palleira

Artigos relacionados


Digo Viet Nam e basta, poema interpretado polo Grupo TABULA RASA
Celso Emilio, poema “O neto do Matarrá”, poema das eleucións
Colectivo “Celso Emilio Ferreiro” de New York