“Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” premiado co Losada Diéguez

Apr 29, 2013 editor de CEF novas

27-04-2013

O xurado da XXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, que se reuniu onte no Carballiño, elexiu na modalidade de Investigación e Ensaio o titulo ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’, de Ramón Nicolás (Edicións Xerais).

No eido da investigación elixiuse ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’, ‘polo feito de tratarse dun traballo rigorosísimo de investigación biográfica apoiado nun sólido labor de documentación e escrito nunha prosa fluída e con vontade de estilo literario’, segundo o xurado. Asemade, puntualiza que ‘constitúe así unha achega fundamental sobre o autor celanovés que pasará a converterse en ferramenta indispensable da historiografía literaria galega’. A deliberación prolongouse durante algo máis de dúas horasde. En investigación, tras unha primeira selección, acadouse o consenso da maioría, quedando finalista ‘Fisterras Atlánticas’, de Santiago Lamas.

O premio está dotado con 12.000 euros, que se repartirán entre os dous gañadores, e que será entregado o día 15 do próximo mes de xuño. O xurado estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Rodrigo González, intervindo como vocais: Euloxio Rodríguez, pola Real Academia Galega; Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega; Francisco Luis Fariña, del Museo do Pobo Galego; Avelino García, pola Diputación; Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo, e Goretti Sanmartín, pola Universidade da Coruña.

Artigos relacionados


Celso Emilio, poema “Moraima” interpretado por Lucía Pérez
50 Aniversario do día das Letras Galegas
Inauguración do mural de Celso Emilio no IES de Chapela

Comentario (1)


Os comentarios están pechados para este artigo