Jun 12, 2013 novas
12-06-2013
O vindeiro 15 de Xuño terá lugar a entrega do Premio Antón Losada Diéguez, na súa vixésima oitava edición. Presentará o acto o Presidente da Real Academia Galega, D. Xesús Alonso Montero.
O profesor Ramón Nicolás recollerá o premio de Ensaio polo seu libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”, editado por Edicions Xerais.
Asimesmo Begoña Caamaño recollerá o premio de Creación Literaria polo libro “Morgana en Esmelle” editado por Editorial Galaxia.
Pecharán o acto a Coral Polifónica Casino do Carballiño e a Banda de Gaitas Vila de Orcellón.
Lugar: as 12:00 horas no Pazo de Moldes en Boborás (Ourense).