O día 24 de Decembro, faleceu en Vigo, Luis Ferreiro Loredo (1945-2025), Director da FUNCEF, e fundador en 1984, da organización cultural con outros padróns da vida política e cultural galega. Vello loitador que deixa despoois de si mesmo, unha vida de loita política e sindical e no eido cultural, moi vencellado a memoria do seu pai, Celso Emilio Ferreiro, e a Galicia, sempre mantendo o compromiso coa Fundación CEF, a que ligou vida e sentido. Compartiu o desterro do poeta de Celanova en Venezuela, traballou, casou, e de volta a España, reside en Madrid, onde desenvolve vida familiar, profesional e militancia política. Termina por instalarse en  Vigo coa súa familia, onde residía facía tempo.

A Fundación CEF, débelle todo a Luis. Foi unha especie de filla benquerida e acariñada, da que estaba moi orgulloso de sempre. Traballou por ela ata o final das suas forzas, que foron moitas. Non houberamos chegada ata eiquí se ti non houberas ido diante, capitán noso. Que a terra descanse lixeiramente sobre ti. Ata sempre.

 

Foto: Galiciaé Diario Galego (AFP)

Pido unha patria ao mundo inaugura a Colección Moraima, un proxecto editorial que recupera a obra inédita ou pouco coñecida de Celso Emilio Ferreiro. Este libro rescata poemas dispersos e esquecidos, ofrecendo unha nova perspectiva sobre a súa escrita en galego.

A obra ten un marcado carácter reivindicativo e introspectivo, onde o poeta clama por unha patria que non chega, unha procura que transcende o ámbito político para converterse nunha reflexión existencial e literaria. A patria, presentada como un ideal inalcanzable, mestúrase cunha visión desencantada do mundo e cunha fonda necesidade de identidade e pertenza.

A publicación non só é un acto de rescate literario, senón tamén unha contribución esencial á memoria cultural galega e á revalorización dun dos poetas imprescindibles da nosa literatura. Deste xeito, o proxecto editorial non só recupera a voz de Celso Emilio Ferreiro, senón que tamén propón un diálogo entre o seu legado e as novas xeracións de lectores.

LINK: https://editorialelvira.com/product/pido-unha-patria-ao-mundo/

 

Poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro, escrito en Venezuela, e prohibido en España na ditadura por ir contra o franquismo. Neste proxecto participa o fillo de Celso Emilio, Xabier Ferreiro, que tiña no seu poder o orixinal da obra e que fai unha ampla explicación do contido e o contexto no que nace este libro.

LINK PARA MERCAR O LIBRO: https://editorialelvira.com/product/o-cabronario/

02-12-2019

O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro “figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia

• O Presidente Santalices anunciou a próxima publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro patrocinada pola secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e polo Parlamento de Galicia

 

Santiago, 2 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde un acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro para conmemorar o 40 aniversario do seu pasamento.

O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou que “nada do que acontece en Galicia, ningunha corrente de pensamento, ningún feito histórico, literario, social ou cultural debe resultar alleo ao Parlamento de Galicia, a casa de todas as galegas e galegos”.

Por esta razón, argumentou Santalices, “xornadas coma esta, que conmemora o 40 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, son e serán sempre benvidas nesta institución, máxime tendo en conta que somos en gran parte debedores do traballo, do sufrimento, da incomprensión e do infinito talento de figuras como a que hoxe homenaxeamos”.

Próxima biografía

O titular do Lexislativo galego anunciou que a homenaxe deste luns terá continuidade coa publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro, con textos de Ramón Nicolás e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e do Parlamento de Galicia.

Insistiu Santalices Vieira en que “para os que nacemos, nos criamos e pensamos en galego, Celso Emilio Ferreiro –ao que tiven o privilexio de tratar na nosa casa de Bande- é unha figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia.

A homenaxe celebrada esta tarde no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia contou tamén coas intervencións do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o profesor Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro;  e o académico e ex-presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero “un dos grandes sabios da nosa tribo”, en palabras de Santalices.

Alumnado do IES Castelao, de Vigo, e do IES Celso Emilio Ferreiro, de Celanova, deron lectura a diferentes textos do autor homenaxeado. Por parte da familia, interviñeron Luis Ferreiro fillo de Celso Emilio, e Benxamín Ferreiro bisneto de Celso Emilio Ferreiro. O acto foi presentado pola actriz Isabel Blanco, Premio Celanova, Casa dos Poetas 2019.

 

009 Homenaxe Celso Emilio1
 

17-03-2019

Música, Voz e Guitarra: Suso Vaamonde
Disco: Limiar
Edición: Dial Disco S.A. 1979
Música, Voz y Guitarra: Suso Vaamonde
Disco: Limiar
Edición: Dial Disco S.A. 1979

 

Limiar
A xeito de S.O.S.
falo na madrugada:
Pechái tódalas portas
e que xa ninguén saia.

Sin a seiva nutricia
esmorecen as gallas.
Arbre antigo, Galicia,
fendérono as machadas.

Unha ponla no mundo,
outra ponla na casa.
A ponla de alén mar
é soio unha metáfora.

O povo quere terra
coma Anteo na fábula.
A terra quere povo
para ser fecundada.

Nunca virá de fora
remedio ou esperanza.

Si o noso pobo morre
quedámonos sin patria,
pois patria e pobo son
o mesmo en dúas palabras.

Pechái tódalas portas
e que xa ninguén saia.

 

Viaxe ao país dos Ananos 1968
Preliminar
A modo de S.O.S.
hablo en la madrugada:
Cerrad todas las puertas
y que ya nadie salga.

Sin la savia nutricia
desfallecen las ramas.
Árbol antiguo,Galicia,
lo hendieron las hachas.

Unna rama en el mundo,
otra rama en la casa.
La rama de allende el mar
es solo una metáfora.

El pueblo quiere tierra
como Anteo en la fábula.
La tierra quiere pueblo
para ser fecundada.

Nunca vendrá de fuera
remedio o esperanza.

Si nuestro pueblo muere
nos quedamos sin patria,
pues patria y pueblo son
lo mismo en dos palabras.

Cerrad todas las puertas
y que ya nadie salga.

 

Viaje al país de los Enanos 1968

04-01-2019

O Grupo SON TRÍO  (Katerina Linke, Su Garrido Pombo, Susanna Blanco) vén de ser escollido polo Xurado do IIº Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas Musicados como gañador do mesmo.

O tema premiado é o poema Un Día, poema do libro Viaxe o País dos Ananos.
Parabéns.
El Grupo SON TRÍO  (Katerina Linke, Su Garrido Pombo, Susanna Blanco) ha sido escogido por el Jurado del IIº Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas Musicados como ganador del mismo.

El tema premiado es el poema Un Día, poema del libro Viaje al País de los Enanos.
Enhorabuena.

 

 

 

25-11-2018

Acta que recolle os acordos tomados na reunión do Padroado da FUNCEF, celebrada na cidade de Vigo o día 17 de novembro de 2018

En Vigo a dezasete de novembro de 2018, reunido o Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en xuntanza extraordinaria e como único punto do día a tratar o seguinte:
– II Edición do premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro, valoración de incidencias e do comunicado emitido pola Fundación o catro de novembro a través da súa páxina web, onde se decretaba a suspensión da convocatoria e do proceso debido á pouca participación.
O Padroado decide, tendo en conta o malestar causado por esta decisión, e atendendo ás persoas ou colectivos que se sentiron prexudicados polos consecuencias da devandita suspensión, o seguinte:
1º- Asumimos como defecto propio da Fundación a escasa difusión pública da convocatoria o que motivou a baixa participación.
2º- Lamentamos a precipitación na decisión de suspensión, resolución que se adoptou sen ter en consideración o procedemento prefixado nas bases. Por este motivo, e segundo dispoñen as bases publicadas que rexen esta convocatoria, deberá ser o xurado nomeado ao efecto quen tome as decisións oportunas no referente á calidade e pertinencia das candidaturas presentadas.
3º- Declaramos publicamente que se retoman os prazos expresados na convocatoria. En consecuencia, anulamos a suspensión anunciada e o veredicto do xurado darase a coñecer o día 4 de xaneiro de 2019 con motivo do aniversario do nacemento do poeta a través da páxina web www.celsoemilioferreiro.org.
4º- Expresamos publicamente a nosa gratitude e respecto polo traballo artístico desinteresado que realizaron persoas e colectivos que presentaron os seus proxectos a esta II edición do certame.
5º-Asi mesmo, consideramos preciso lembrar que o concurso de poemas musicados é un proxecto da FUNCEF que conta cunha dotación económica sostida unicamente con fondos propios. Trátase dunha iniciativa privada, que non conta con ningún tipo de subvención e na que o xurado colabora de xeito completamente desinteresado. Un proxecto que nace para recoñecer o inestimable valor da creación musical na difusión da obra de Celso Emilio.
Por último agradecemos a todas as persoas implicadas na organización, nomeadamente ao Director da FUNCEF, o tempo e ilusión investidos en sacar adiante este proxecto.

Raquel Ferreiro Llatas
Presidenta do Xurado do II Premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro

25-11-2018

Disco: Nin rosmar un laido
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Ano: 1977

Disco: Nin rosmar un laido
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Año: 1977

 

Gaita irreal
No lusco-fusco
pasa un gaiteiro.
Non sei si de mar
ou de vento.

Canta e chora
a un tempo,
laios no roncón,
trinos no punteiro.

Leva a Terra con il,
sen il sabelo.
Esperanzas
e medos.

Longas noites
de sofremento.
No solpor
hai un gaiteiro.
Non sei si é ave
ou si é berro.

Viaxe ao país dos ananos , El Bardo 1968

Gaita irreal
Al anochecer
pasa un gaitero.
No sé si de mar
o de viento

Canta y llora
aun tiempo,
lamentos en el roncón,
trinos en el puntero.

Lleva la tierra con él,
sin él saberlo.
Esperanzas
y miedos.

Largas noches
de sufrimiento.
En el crepúsculo
hay un gaitero.
No sé si es ave
o si es grito.

Viaje al país de los enanos , El Bardo 1968

 

 

13-11-2018

In Memoriam de Xulio Formoso, Amigo, que levou a poesía de Celso Emilio coa súa música fora das nosas Fronteiras.

 

Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970
Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970

Portada Galicia Canta

 

 

Cantiga do desterrado
Por a longa lonxanía
vou camiñando sin presa.
Na escura noite está acesa
unha luz que anuncia o día.

Aquelo que eu ben quería,
libertá, nunca voltou.
Cuberto de noite vou
pola longa lonxanía.

O vento lurpio non cesa
de oubear sobre o meu pobo.
Como non lle temo o lobo
vou camiñando sin presa.

Vida errante, noite espesa,
negrura embaixo i enriba.
Mais a miña espranza altiva
na noite escura está acesa.

Aquelo que prefería,
libertá, cánto me tarda.
Mais a miña arela agarda
unha luz que anuncia o día.

Poemas soltos (1932-1978)

Cantiga del desterrado
Por la larga lejanía
voy caminando sin prisa.
la noche oscura divisa
una luz que anúncia el dia.

Aquello que yo bien quería,
libertad, nunca volvió.
Cubierto de noche voy
por la larga lejanía.

El viento voraz no cesa
de bramar sobre mí pueblo.
Como voy pisando el suelo
voy caminando sin prisa.

Vida errante, noche espesa,
negrura abajo y arriba.
Pero mi esperanza altiva
en la noche oscura está presa..

Aquello que yo prefería,
liberación, cuanto tarda.
Pero mi esperanza aguarda
una luz que anuncia el día.

Poemas sueltos (1932-1978)

10-11-2018

O cantautor  Xulio Formoso, faleceu en Madrid iste 6 de novembro de 2018.
Xulio Formoso naceu en Vigo, en 1965 marchou a Venezuela onde vivía o seu pai, o periodista Julio Formoso, exiliado naquel país. En Venezuela iniciouse como cantautor e foi membro fundador do grupo de teatro Rajatabla. En 1970 colaborou no disco Galicia canta, producido por  Celso Emilio Ferreiro.
En 1973 pubrica o disco “Chipi Manahuac” con dous poemas de Celso Emilio Ferreiro (Canción inesperada e Tu y yo).

El cantautor  Xulio Formoso, falleció en Madrid este 6 de noviembre de 2018.
Xulio Formoso nació en Vigo, en 1965 marchó a Venezuela donde vivía su padre, el periodista Julio Formoso, exiliado en aquel país. En Venezuela se inició como cantautor y fué miembro fundador del grupo de teatro Rajatabla. En 1970 colaboró en el disco “Galicia canta”, producido por  Celso Emilio Ferreiro.
En 1973 publica el disco “Chipi Manahuac” con dos poemas de Celso Emilio Ferreiro (Canción inesperada e Tu y yo).

 

Portada Galicia Canta

Chipi Manuhac

                  CHIPI MANUHAC