Plenario extraordinario público en Celanova da Real Academia Galega

O 9 de xuño a Real Academia Galega desenvolverá en Celanova, con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o seguinte programa de actos:

11:30 Recepción no Concello.

12:00 Inauguración dunha placa na casa natal de Celso Emilio.

12:30 Sesión pública extraordinaria do Pleno da Academia no Auditorio Municipal Ilduara, na rúa do Cercado s/n, no que intervirán Margarita Ledo Andión, Francisco Fernández Rei e Salvador García-Bodaño.