Placa conmemorativa na casa natal de Celso Emilio en Celanova
O 9 de xuño do 2012 colocouse unha placa conmemorativa do Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, na rúa Curros Enríquez, 25 de Celanova. Nesta casa naceu Celso Emilio no ano 1912, e nela viviu até a súa marcha a Pontevedra no ano 1940.