A Casa dos Poetas honra a Celso Emilio Ferreiro

24-10-2012
A Casa dos poetas de Celanova honrará ista semán doblemente a Celso Emilio Ferreiro. Na sede da Fundación Curros Enríquez será o lugar onde se presentarán dous libros adicados ao autor de Longa Noite de Pedra.
Mañá Xoves 25 a partires das 20:00 horas Manuel Bragado (Director de Xerais), Luis Ferreiro (Director da Fundación CEF) e Ramón Nicolás, presentarán o libro, “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”.

O Venres 26 as 20:00 horas será o libro “Cartafol de Soños”. Nesta publicación colabouraron 12 escritores galego e o ilustrador Felipe Senén. Ë unha homenaxe a Celso Emilio no centenario do seu nacemento. Os escritores Isaac Estravis, Änxeles Pena e Alberte Suras estarán na presentación.

 

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *