9-11-2012 Marín
O profesor e biógrafo de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolas, deu hoxe unha conferencia no Museo Manuel Torres de Marín,por invitación do Clube de Opinión Portocelo, presentado o acto por Antonio Carragal, Presidente do mesmo.
A profesora Ana Acuña. foi a encargada de presentar o conferenciante e facer unha semblanza do mesmo, Na sua intervención espricou a traxectoria do conferenciante, e concliu decindo que Ramón Nicolas, é hoxendia o maior especialista sobre Celso Emilio.
Dempois interviu o profesor Ramón Nicolás falando sobre a traxectoria vital de Celso Emilio, e a infruenza que tivo a súa vida sobre a su obra , e tamén o contrario, o que a obra tivo sobre a súa vida.
O remate da conferencia, nas conversas cos asistente, quedou patente a actualidade da mensaxe de Celso Emilio, que a traverso dos seus poemas sigue marcando unha mensaxe moi crara sobor do acontecer da nosa Terra.
Ai vai un Poema de Celso Emilio, Titulado
“A Gran Trampa”
Eiquí acouga a democracia representativa
candonga do furor hipotecario,
comadre vaxinal da burguesía,
musa da libertá de comercio,
cubil da mesocracia,
tarántula dos probes,
ano hixiénico dos pillos,
alcaiota dos crimes xurispertos,
celestina dos rábulas,
encubridora da mentira,
esfolalombos dos traballadores,
dama fedorenta de beneficiencia.
Señora Democracia, puta fina,
que por pirmeira vez na súa vida
fica deitada coas pernas xuntas.