CELSO EMILIO en concerto

Feb 23, 2013 editor de CEF novas

23-02-2013

O Meu Primeiro Celso Emilio, A Coruña 06 de Marzal as 20:30 no Teatro Colón.
Patrocina a Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Coa celebración do Centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais editou o libro-Cd O Meu primeiro Celso Emilio. Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura do poeta mediante unha breve biografía e antología da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalmente por Xurxo Varela, Nani García, Nuria Lestegás, Roberto Grandal, Pepe do Pico, Simón García e Manuel Dopico.
Esta parte musical é a que se interpreta nos concertos en directo que se veñen desenvolvendo, constituíndo un espectáculo dunha hora de duración, no que se interpretan as pezas do disco introducidas por breves vídeos sobre Celso Emilio.
Precio da entrada 5€.

Artigos relacionados


RECITAL POÉTICO-MUSICAL NO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio, Poemas en Esperanto
Charla de Alberte Suras sobre Celso Emilio Ferreiro