Acto de presentación da edición facsimilar de LF.

03-04-2013

A Leopolda Ferreiro os presos de Celanova

MCMXXXIX

Acto de presentación da edición facsimilar de LF.

 

Trátase dun documento de 1939, pertencente ao arquivo familiar, do que realizou unha edición limitada a Fundación Celso Emilio Ferreiro en 2012.
Contén as sinaturas de 544 presos do convento de Celanova.

Lugar de celebración: Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

Data: 11 de abril de 2013, ás 19.00 h.

Organiza: Fundación Celso Emilio Ferreiro

Colaboran: Biblioteca do IES de Celanova – Coordinadora comarcal ENDL Terra de Celanova – Baixa Limia

Programa:

“Olladas dos homes que ao lonxe espreitan”Xoán Carlos Domínguez Alberte (profesor e escritor).

“A edición de LF.” – Luís Ferreiro Loredo (membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro).

“Ideas coas que non puideron acabar” – Xosé Manuel Cid Fernández (profesor, especialista no maxisterio da Segunda República).

“Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro” – voz, Teresa Elvira López Martínez (alumna da ESO do IES Aquis Querquernis – Bande) / piano, Irma Fernández (profesora de música do IES de Celanova).

“Recitado de textos de Celso Emilio Ferreiro” – alumnado do IES de Celanova

Presentación do logotipo do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo poeta e pintor celanovés Baldo Ramos

Letras da Baixa Limia – presentación do audiovisual elaborado por alumnado de Bacharelato do IES Aquis Querquernis (Bande) sobre o patrimonio literario da Baixa Limia.

                                          

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Celso Emilio Ferreiro en 2012, e que contén as sinaturas de 544 presos do convento de Celanova. O acto, organizado pola Fundación, en colaboración coa Biblioteca do IES e a Coordinadora comarcal ENDL […]

Los comentarios están desactivados.