O IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova convoca o certame de relato curto e poesía

Apr 23, 2013 editor de CEF novas

23-04-2013, La Región

O Instituto Celanova Celso Emilio Ferreiro convoca o ‘XXV Certame de relato curto e poesía. Celso Emilio Ferreiro‘ para o alumnado de ensino medio de Galicia. Os interesados poderán presentar as súas propostas, obras inéditas en lingua galega, nas modalidades de relato curto (extensión máxima de dous folios) o poesía (non superior aos 14 versos). Nambos casos, os textos deberán facer alusión ao mundo fantástico. Os traballos deberán presentarse antes do 12 de maio a través do enderezo, ies.celanova@edu.xunta.es, adxuntando dous arquivos en pdf. Un co traballo e un pseudónimo, e o segundo, que se identificará co mesmo pseudónimo, cos datos persoais e os do colexio onde estudia. Entre tódolos traballos que se presenten, o xurado premiará o mellor de cada unha das modalidades cun premio de 100 euros, diploma acreditativo e publicación do traballo nos diferentes medios escritos e electrónicos do Instituto. O Xurado, que estará formado por membros da comunidade escolar, dará a coñocer o fallo durante a celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas.

Artigos relacionados


“Nota necrolóxica”, poema de Celso Emilio interpretado por Labregos do tempo dos sputniks
Colectivo “Celso Emilio Ferreiro” de New York
Homenaxe a Celso Emilio no IES Fernando Wirtz de A Coruña