O director de 100% CEF, Aser Álvarez, reivindica o “compromiso social” de Celso Emilio ao recibir o premio Xosé Aurelio Carracedo

May 4, 2013 editor de CEF novas

04-05-2013

Manuel Baltar Presidente da Diputación Provincial de Ourense, entregou o premio a Aser Álvarez.
Aser Álvarez reivindicou o “compromiso social” de Celso Emilio Ferreiro, ao recibir o premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo, organizado pola Diputación de Ourense, que lle correspondeu polo documental 100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro. O xurado destacou a “innovación no tratamento informativo”, ao conxugar elementos informativos con técnicas e narrativas cinematográficas, no documental que protagoniza o actor Luís Tosar, representando a Celso Emilio Ferreiro.
Aser Álvarez mostrouse “moi agradecido” porque, “máis que un premio é un recoñecemento á traxectoria vital de Celso Emilio Ferreiro e ao seu xeito de entender a vida, coa palabra social en mayúsculas”. O presidente da Diputación, Manuel Baltar, defendeu a liberdade de prensa e cualificou o xornalismo como “un dos alicerces esenciais do estado social, democrático e de dereito”.

Artigos relacionados


Celso Emilio, Homenaxe a Pablo Iglesias
Unha lectura persoal de Celso Emilio Ferreiro
Presentación en Ourense de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”