Entrega do premio Antón Losada Diéguez

Jun 12, 2013 editor de CEF novas

12-06-2013

O vindeiro  15 de Xuño  terá lugar a entrega do Premio Antón Losada Diéguez, na súa vixésima oitava edición. Presentará o acto o Presidente da Real Academia Galega, D. Xesús Alonso Montero.
O profesor Ramón Nicolás recollerá o premio de Ensaio polo seu libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”, editado por Edicions Xerais.
Asimesmo  Begoña Caamaño recollerá o premio de Creación Literaria polo libro “Morgana en Esmelle” editado por Editorial Galaxia.

Pecharán o acto a Coral Polifónica Casino do Carballiño e a Banda de Gaitas Vila de Orcellón.
Lugar: as 12:00 horas no Pazo de Moldes en Boborás (Ourense).

                                  
 

Artigos relacionados


“Cuando el mundo se llama Celanova”, artigo de Harry Almela en El Nacional de Caracas
Homenaxe a Celso Emilio no IES Fernando Wirtz de A Coruña
A Ribeira Sacra, Patrimonio da Humanidade

Comentario (1)


Os comentarios están pechados para este artigo