Presentación do libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” na Feira do Libro da Coruña
04-08-2013
O derradeiro Venres , día 2 de Agosto, tivo lugar na Feira da Coruña a presentación da Biografía de Celso Emilio, editada por Xerais, da cal é autor o profesor Ramón Nicolás. Interviron no Acto Manuel Bragado (Director de Edicions Xerais), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Mercedes Queixas (Secretaria da Asociación de Escritores/as de Galicia) e Ramón Nicolás.
Todos os intervintes salientaron a importancia da obra para, por un lado, ter un libro de referencia sobre o poeta de Celanova, e por outro por sere «unha obra de gran envergadura e grande intensidade que amplifica a figura humana, literaria e política de Celso Emilio.».
«Esta é a crónica dunha vitoria gañada aos silencios que de maneira intermitente semella ter acompañado a CEF. Un mundo de sombras onde se ten iluminado e onde se lle ten colocado no seu xusto lugar.»