Presentación do libro “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” na Feira do Libro da Coruña

Aug 4, 2013 editor de CEF novas

04-08-2013

O derradeiro Venres , día 2 de Agosto, tivo lugar na Feira da Coruña a presentación da Biografía de Celso Emilio, editada por Xerais, da cal é autor o profesor Ramón Nicolás. Interviron no Acto Manuel Bragado (Director de Edicions Xerais), Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Mercedes Queixas (Secretaria da Asociación de Escritores/as de Galicia) e Ramón Nicolás.

Todos os intervintes salientaron a importancia da obra para, por un lado, ter un libro de referencia sobre o poeta de Celanova, e por outro  por sere  «unha obra de gran envergadura e grande intensidade que amplifica a figura humana, literaria e política de Celso Emilio.».
«Esta é a crónica dunha vitoria gañada aos silencios que de maneira intermitente semella ter acompañado a CEF. Un mundo de sombras onde se ten iluminado e onde se lle ten colocado no seu xusto lugar.»

Artigos relacionados


Galicia Canta
Aser Álvarez gana o premio “Xosé Aurelio Carracedo” polo documental 100% CEF
Homenaxe a Celso Emilio na Casa dos Poetas de Celanova (II)