“100% CEF” de Aser Álvarez, premiado no Festival IFFEST Document de Bucarest

Oct 1, 2013 editor de CEF novas

30-09-2013

O documental “100% CEF (Celso Emilio Ferreiro)”, dirixido polo autor celanovense Aser Álvarez, foi galardoado este derradeiro fin de semana co Premio Especial do Xurado da vixésima edición do Festival IFFEST Document, en Bucarest, que tivo lugar os días 26,27 e 28 de Setembro. O propio Aser Álvarez, director e guionista deste documental, que competiu con outros vinte títulos de todo o mundo, e o axudante de dirección Plácido Romeu, profesor en Celanova, recolleron o premio na gala de clausura.
O documental sobre Celso Emilio Ferreiro obtivo esta distinción logo da súa proxección no Instituto Cervantes de Bucarest.

 Na realización deste documental interviñeron unhas cen persoas, entre elas moitos dos familiares do poeta, amigos, artistas, músicos e intelectuais contemporáneos. A cinta, que foi premiada en Galicia co Premio Mestre Mateo 2013 á mellor documental e tamén co premio Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense, ofrece así unha ampla visión da personalidade e obra do escritor e político galego.

 

 

Artigos relacionados


Longa Noite de Pedra en linguaxe dos signos
O director de 100% CEF, Aser Álvarez, reivindica o “compromiso social” de Celso Emilio ao recibir o premio Xosé Aurelio Carracedo
Presentación de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”