25-11-2018

Acta que recolle os acordos tomados na reunión do Padroado da FUNCEF, celebrada na cidade de Vigo o día 17 de novembro de 2018

En Vigo a dezasete de novembro de 2018, reunido o Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en xuntanza extraordinaria e como único punto do día a tratar o seguinte:
– II Edición do premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro, valoración de incidencias e do comunicado emitido pola Fundación o catro de novembro a través da súa páxina web, onde se decretaba a suspensión da convocatoria e do proceso debido á pouca participación.
O Padroado decide, tendo en conta o malestar causado por esta decisión, e atendendo ás persoas ou colectivos que se sentiron prexudicados polos consecuencias da devandita suspensión, o seguinte:
1º- Asumimos como defecto propio da Fundación a escasa difusión pública da convocatoria o que motivou a baixa participación.
2º- Lamentamos a precipitación na decisión de suspensión, resolución que se adoptou sen ter en consideración o procedemento prefixado nas bases. Por este motivo, e segundo dispoñen as bases publicadas que rexen esta convocatoria, deberá ser o xurado nomeado ao efecto quen tome as decisións oportunas no referente á calidade e pertinencia das candidaturas presentadas.
3º- Declaramos publicamente que se retoman os prazos expresados na convocatoria. En consecuencia, anulamos a suspensión anunciada e o veredicto do xurado darase a coñecer o día 4 de xaneiro de 2019 con motivo do aniversario do nacemento do poeta a través da páxina web www.celsoemilioferreiro.org.
4º- Expresamos publicamente a nosa gratitude e respecto polo traballo artístico desinteresado que realizaron persoas e colectivos que presentaron os seus proxectos a esta II edición do certame.
5º-Asi mesmo, consideramos preciso lembrar que o concurso de poemas musicados é un proxecto da FUNCEF que conta cunha dotación económica sostida unicamente con fondos propios. Trátase dunha iniciativa privada, que non conta con ningún tipo de subvención e na que o xurado colabora de xeito completamente desinteresado. Un proxecto que nace para recoñecer o inestimable valor da creación musical na difusión da obra de Celso Emilio.
Por último agradecemos a todas as persoas implicadas na organización, nomeadamente ao Director da FUNCEF, o tempo e ilusión investidos en sacar adiante este proxecto.

Raquel Ferreiro Llatas
Presidenta do Xurado do II Premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro

25-11-2018

Disco: Nin rosmar un laido
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Ano: 1977

Disco: Nin rosmar un laido
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Año: 1977

 

Gaita irreal
No lusco-fusco
pasa un gaiteiro.
Non sei si de mar
ou de vento.

Canta e chora
a un tempo,
laios no roncón,
trinos no punteiro.

Leva a Terra con il,
sen il sabelo.
Esperanzas
e medos.

Longas noites
de sofremento.
No solpor
hai un gaiteiro.
Non sei si é ave
ou si é berro.

Viaxe ao país dos ananos , El Bardo 1968

Gaita irreal
Al anochecer
pasa un gaitero.
No sé si de mar
o de viento

Canta y llora
aun tiempo,
lamentos en el roncón,
trinos en el puntero.

Lleva la tierra con él,
sin él saberlo.
Esperanzas
y miedos.

Largas noches
de sufrimiento.
En el crepúsculo
hay un gaitero.
No sé si es ave
o si es grito.

Viaje al país de los enanos , El Bardo 1968

 

 

13-11-2018

In Memoriam de Xulio Formoso, Amigo, que levou a poesía de Celso Emilio coa súa música fora das nosas Fronteiras.

 

Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970
Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970

Portada Galicia Canta

 

 

Cantiga do desterrado
Por a longa lonxanía
vou camiñando sin presa.
Na escura noite está acesa
unha luz que anuncia o día.

Aquelo que eu ben quería,
libertá, nunca voltou.
Cuberto de noite vou
pola longa lonxanía.

O vento lurpio non cesa
de oubear sobre o meu pobo.
Como non lle temo o lobo
vou camiñando sin presa.

Vida errante, noite espesa,
negrura embaixo i enriba.
Mais a miña espranza altiva
na noite escura está acesa.

Aquelo que prefería,
libertá, cánto me tarda.
Mais a miña arela agarda
unha luz que anuncia o día.

Poemas soltos (1932-1978)

Cantiga del desterrado
Por la larga lejanía
voy caminando sin prisa.
la noche oscura divisa
una luz que anúncia el dia.

Aquello que yo bien quería,
libertad, nunca volvió.
Cubierto de noche voy
por la larga lejanía.

El viento voraz no cesa
de bramar sobre mí pueblo.
Como voy pisando el suelo
voy caminando sin prisa.

Vida errante, noche espesa,
negrura abajo y arriba.
Pero mi esperanza altiva
en la noche oscura está presa..

Aquello que yo prefería,
liberación, cuanto tarda.
Pero mi esperanza aguarda
una luz que anuncia el día.

Poemas sueltos (1932-1978)

10-11-2018

O cantautor  Xulio Formoso, faleceu en Madrid iste 6 de novembro de 2018.
Xulio Formoso naceu en Vigo, en 1965 marchou a Venezuela onde vivía o seu pai, o periodista Julio Formoso, exiliado naquel país. En Venezuela iniciouse como cantautor e foi membro fundador do grupo de teatro Rajatabla. En 1970 colaborou no disco Galicia canta, producido por  Celso Emilio Ferreiro.
En 1973 pubrica o disco “Chipi Manahuac” con dous poemas de Celso Emilio Ferreiro (Canción inesperada e Tu y yo).

El cantautor  Xulio Formoso, falleció en Madrid este 6 de noviembre de 2018.
Xulio Formoso nació en Vigo, en 1965 marchó a Venezuela donde vivía su padre, el periodista Julio Formoso, exiliado en aquel país. En Venezuela se inició como cantautor y fué miembro fundador del grupo de teatro Rajatabla. En 1970 colaboró en el disco “Galicia canta”, producido por  Celso Emilio Ferreiro.
En 1973 publica el disco “Chipi Manahuac” con dos poemas de Celso Emilio Ferreiro (Canción inesperada e Tu y yo).

 

Portada Galicia Canta

Chipi Manuhac

                  CHIPI MANUHAC

04-11-2018

A Fundación Celso Emilio Ferreiro acordou declarar deserto o II Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados debido a baixa participación no mesmo, que non permite unha selección axeitada dun gañador.

 

Vigo, a 4 de Novembro do 2018