Celso Emilio, O profesor Ramón Nicolás presenta o seu libro “Lapis na Noite” na Feira do Libro


01-07-2018

O Xoves 5 de Xullo  do 2018, o profesor Ramón NicolásPatrón da Fundación Celso Emilio Ferreiro, presentará o libro “Lapis na Noite”  (Edicións Xerais) na Feira do Libro de Vigo as 19:45
Interveñen:  Fran Alonso e María Xosé Porteiro

 

” Lapis na noite ” bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983).

 

 

Lapis na Noite,Ramon Nicolas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados


Poema “Alma da Terra” de Celso Emilio Ferreiro musicado pola Charanga BCB
Cantigas de Celso Emilio
Celso Emilio, “Cantiga do desterrado” interpretada por Xulio Formoso