Cultura e Educación leva á Casa da Xuventude de Ourense unha mostra interactiva sobre a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro

May 29, 2012 editor de CEF novas

Ourense 28 de Maio 2012

A instalación pon en valor o legado do escritor a través dun formato interactivo e novidoso, que inclúe audiovisuais, fotografías, poemas musicados, obxectos persoais de Celso Emilio Ferreiro e gravacións sonoras co seu propio recitado.

O secretario Xeral de Cultura inaugurou esta mañá a exposición, que poderá visitarse en Ourense ata o 8 de xuño.A iniciativa enmárcase na programación que está a promover a Xunta de Galicia para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro.

 

Artigos relacionados


Celso Emilio, Romance Eleutoral do Cego de Trasmiras
Viaxe ao País dos Ananos, adaptación do grupo ZENZAR
María Soliña, Grupo Rara Avis